InicioSUCESOSRestablecida a circulación ferroviaria na Coruña tras verse interrompida por un incendio...

Restablecida a circulación ferroviaria na Coruña tras verse interrompida por un incendio próximo ás vías

Publicada o

Por europapress

A circulación ferroviaria de entrada e saída na Coruña quedou restablecida tras verse interrompida este xoves por un incendio forestal próximo ás vías do tren, segundo confirmaron fontes de Adif. A incidencia comezou arredor das 13.30 horas e afectou temporalmente aos servizos con orixe ou destino na estación da cidade herculina.

O lume era alleo á infraestrutura ferroviaria e a recuperación do tráfico produciuse unha vez que os equipos de extinción permitiron retomar a circulación con seguridade. Un dos trens afectados foi o Avant 09131, que tiña prevista a súa saída da Coruña ás 13.35 horas. Media hora despois, as persoas viaxeiras recibiron unha mensaxe na que se lles informaba de que o convoi permanecía detido pola incidencia e de que había bombeiros actuando na zona.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural confirmou un incendio forestal na parroquia coruñesa de San Cristovo, aínda sen estimación da superficie afectada. Aínda que o departamento autonómico non puido confirmar que se tratase do mesmo lume que obrigou a interromper a circulación ferroviaria, a parroquia atópase na contorna da terminal. Ata o lugar desprazáronse un axente, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...