InicioA CORUÑAO Concello da Coruña adxudica o contrato para o Programa de Lecer...

O Concello da Coruña adxudica o contrato para o Programa de Lecer Cultural do IMCE

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña adxudicou o contrato para o Programa de Lecer Cultural do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), “que ofrecerá un servizo reforzado de actividades adaptadas os diferentes públicos durante todo o ano”, indica o goberno local.

O investimento para este curso aumenta e chega aos 279.642 euros, “dobrando a contía previa”, sostén. O número total de prazas para as persoas usuarias tamén se incrementará, situándose nas 11.205, un milleiro máis que o ano pasado.

No contrato, adxudicado á empresa Sportmadness Eventos, SL, inclúese un contido moi variado como talleres, programas de lecer de outono e primavera, os campamentos de Nadal e verán, as actividades de clausura, os talleres monográficos e o programa de sendeirismo.

O persoal profesional a cargo das actividades tamén aumentará. Haberá nove monitores que, ademais, terán formación especializada en Necesidades Educativas Especiais (NEE). En total, o programa incluirá o desenvolvemento de 27 talleres, incluídos catro talleres específicos para maiores, 12 sesións de outono e 14 de primavera dos ciclos temáticos.

ÚLTIMAS

Denuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

A CIG-Saúde da Coruña denuncia a aposta do Goberno galego por continuar privatizando a...

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Zombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo “made in Coruña”

A produtora coruñesa Melgo Cinema lanza o que presenta como "primeiro videoxogo dun Xacobeo",...

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...