InicioA CORUÑADenuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala "unha...

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

Publicada o

Por europapress

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres a xerencia sinala que a situación é de “unha demanda superior á habitual”.

Nun comunicado, a central sindical afirma que “a situación que se dese en xuño, lonxe de mellorar continúa agravándose”. Así sostén que en agosto se manteñen “ao redor de 180 camas pechadas fronte ás máis de 130 que se rexistrasen en xullo”.

“Ao mesmo tempo, os centros de Atención Primaria funcionan coon cadros de persoal baixo mínimos pola insuficiente cobertura das ausencias, aumentando a presión sobre as Urxencias”, engade para asegurar que na xornada de onte houbo “un novo episodio de colapso, con tres corredores ocupados por pacientes”.

RESPOSTA DA XERENCIA

Desde a xerencia afírmase que o servizo de Urxencias está a manter a súa actividade e a demanda de pacientes que recibe “é atendida en tempo e modo adecuados en función da súa gravidade”.

“A área sanitaria da Coruña e Cee garante unha asistencia de calidade aos pacientes”, indica para incidir en que se planificou “o número de camas operativas que é posible atender durante a época estival”.

“A decisión sobre o alcance desta programación tómase tendo en conta a responsabilidade principal da sanidade pública galega de garantir a seguridade e a calidade asistencial”, engade para remarcar que “o 100% das camas de está área están dispoñibles se así o require a demanda asistencial”.

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...