InicioSOCIEDADEAs familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Publicada o

Por Redacción

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de curso entre andamios e amianto. Tras primeiras concentracións e escritos rexistrados a ANPA vén de conseguir que a Xunta confírmase que os traballos con risco de amianto non se retomarán ata a aprobación dun plan de traballo modificado e a correspondente autorización do ISSGA.

Dende a ANPA sinalan que como consecuencia das cuestións trasladadas polas familias, a Xunta tamén reforzou os traballos de limpeza do centro, e igualmente compartiu novas medidas para o desenvolvemento do resto das obras, relativas aos vallados e sinalizacións, ao traslado de cargas durante a xornada lectiva, á circulación de vehículos de transporte e á protección de determinadas zonas da cuberta.

Incidencia

Dende ANPA fai balance da incidencia das obras e das mobilizacións en relación coa asistencia do alumnado. Os datos aproximados de dirección correspondentes aos días 9 e 10 de setembro, corroboran unha asistencia reducida en varias etapas. O día 9 acudiron aproximadamente 50 dos 80 alumnos e alumnas de 1º de ESO, mentres que no resto da ESO acudiron arredor de 30 alumnos e alumnas. O día 10, en Bacharelato acudiron arredor de 30 dos 155 matriculados, mentres que en ESO a asistencia situouse aproximadamente no 60 %. En FP Básica permaneceron arredor de 30 alumnos e alumnas tras as presentacións.

Que queda por conseguir

En calquera caso, a loita se mantén. A ANPA non vai parar ata conseguir unha serie de documentación fundamental que dea tranquilidade ás familias, como é o certificado de salubridade actualizado, os resultados da nova medición da calidade do aire, a información ou documentación relativa á revisión do estado das obras, e, por suposto, o novo plan de traballo para a retirada do amianto e a correspondente autorización do ISSGA.

“Seguen existindo aspectos que necesitamos coñecer e comprobar documentalmente”, sinalan dende a ANPA. “Por iso, continuaremos facendo seguimento da situación, solicitando a información pendente e mantendo informadas as familias das comunicacións que recibamos e das posibles actuacións que se vaian acordando”, apuntan lembrando que continuarán coas mobilizacións se non dá chegado.

Máis novas

As familias do IES Zalaeta volven á rúa: “Estamos fartas de vivir sen información”

Máis novas

Outras novas

 

ÚLTIMAS

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

O Circo de Artesáns acolle esta tarde unha mesa sobre a sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galica, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here