InicioCULTURAO Colón acolle hoxe o a primeira edición dos Premios Manuel Lourenzo...

O Colón acolle hoxe o a primeira edición dos Premios Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Teatro Colón acolle hoxe sábado, 19 de setembro, a primeira edición dos Premios Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego, unha iniciativa impulsada pola Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FETEAGAL) e apoiada polo Concello da Coruña co obxectivo de recoñecer o traballo desenvolvido por compañías, intérpretes, directoras, directores e colectivos vinculados ao teatro amador galego.

A gala, que dará comezo ás 19.00 horas, reunirá no Teatro Colón a representantes do sector teatral de toda Galicia e converterá a Coruña no punto de encontro do movemento afeccionado galego, un ámbito fundamental para a promoción das artes escénicas, a creación de públicos e a dinamización cultural de numerosos municipios do país.

A gala combinará a entrega dos premios con actuacións artísticas e diferentes intervencións escénicas. Ademais dos galardóns competitivos, entregaranse tres recoñecementos especiais: o Premio á Difusión Teatral, o Premio ao Teatro Social e o Premio FETEAGAL de Honra, destinado a recoñecer unha traxectoria destacada de apoio á cultura galega.
Entre os momentos máis destacados da noite figura precisamente a entrega do Premio FETEAGAL de Honra ao actor, humorista e presentador Xosé Antonio Touriñán, así como os recoñecementos a Teatro Airiños de Rianxo, co Premio á Difusión Teatral, e á Asociación Con Eles, de Pontevedra, co Premio ao Teatro Social.

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here