InicioA CORUÑAGastronomía e banda deseñada para que se coñeza o "Sabor Coruño"

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Publicada o

Por editor

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic, ilustrado por Manel Cráneo, que reúne nove receitas de cociñeiros e restaurantes vinculados a esta iniciativa, que busca promover a cociña de mercado e o uso de produtos locais, ademais da innovación e da creatividade culinaria.

Trátase de “Sabor Coruño“, un proxecto editorial que leva a gastronomía coruñesa ao territorio da banda deseñada co obxectivo, segundo se puxo de relevo con motivo da presentación, de achegar a cociña da cidade dunha maneira “diferente”. Son nove receitas en pequenas historias ilustradas “nas que produto, cociña, humor e identidade coruñesa comparten protagonismo”. En concreto, son de nove profesionais e establecementos relacionados coa asociación.

Así, inclúense as propostas de: Javier Freijeiro (Pracer), Pablo Gallego, Moncho Méndez (Millo Orzán), Enrique Vázquez Lameiro (Terreo Cocina Casual), José Mago, Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz de Mondoi), Víctor Basante Rodríguez (Arrueiro), Chisco Jiménez (Culuca Cociña-Bar) e Fabián Mouzo Romero (O Camiño Fala).

Para esta primeira edición, haberá 3.700 exemplares, cunha proposta gráfica ao cargo de Manel Cráneo, responsable do guión e dos debuxos. O tratamento e a revisión dos textos correu a cargo de Henrique Torreiro, con deseño e maquetación de Demo Editorial/ Manel Cráneo.

Os exemplares deste receitario ilustrado, no que se cruzan gastronomía e banda deseñada, distribuiranse de balde nos restaurantes participantes e a versión dixital estará dispoñible en corunacocina, cuxos representantes agradeceron o apoio do Concello da Coruña de cara a entender a gastronomía como “produto, territorio, cultura e identidade compartida”.

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here