InicioCULTURAO Fórum Metropolitano acolle unha exposición de Ollo de Vidro e a...

O Fórum Metropolitano acolle unha exposición de Ollo de Vidro e a proxección do documental sobre Carlos Piñeiro

Publicada o

Por Redacción

A Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros organiza dúas novas propostas culturais abertas á veciñanza que terán lugar nos próximos días no Fórum Metropolitano da Coruña.

Hoxe mesmo, xoves, 1 de outubro, ás 18:30 horas, coa inauguración da exposición fotográfica «Camiños», do colectivo Ollo de Vidro.

A exposición está organizada pola Asociación Cultural da Coruña Alexandre Bóveda, coa colaboración da Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros. A mostra reúne o traballo de Lestonnac Ibáñez, Manolo Graña, Eduardo Castro, Raúl Castro e Carlos Silvar, e poderá visitarse no Fórum Metropolitano.
A exposición ofrece unha mirada fotográfica sobre diferentes espazos, percorridos e transformacións da contorna, convidando á cidadanía a achegarse á fotografía e á memoria do territorio.

A programación continuará o luns, 5 de outubro, ás 19:00 horas, coa proxección do documental «El último rally», dedicado á figura do piloto Carlos Piñeiro e dirixido por José Antonio Jiménez.
Esta segunda actividade está organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros e contará coa proxección no Fórum Metropolitano, con entrada de balde ata completar aforo.

 

O EcoRallye, a exame

 

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here