Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho e o CPR Compañía de María tiveron que ser desaloxado ao longo da mañá tras recibiren, ao correo electrónico, unha ameaza de bomba.
De contado, activaron o protocolo de evacuación, ao tempo que avisaban ao servizo de emerxencias da Policía Nacional, que despregou un dispositivo acordonando a zona, e inspeccionando cos guías caninos para comprobar se se trataba dunha falsa alarma.

No caso do Zalaeta, rapazada fica esperando polas familias (que xa foron avisadas polo centro a través da plataforma Abalar) nunha zona segura, nos soportais de en fronte ao centro, na Rúa Curros Enríquez.
View this post on Instagram

