InicioA CORUÑAConvocada folga na planta de Nostián a partir do 21 de maio

Convocada folga na planta de Nostián a partir do 21 de maio

Publicada o

Por monchomarino

O persoal da planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña, convocou folga a partir do 21 de maio, segundo informa a CIG tras a desconvocatoria anterior no primeiros tres días da Semana Santa.

O pasado 13 de abril, Albada e o comité de empresa chegaban, despois de máis de 20 meses de negociacións, a un preacordo para a aprobación do novo convenio colectivo para os anos 2022-2027, que foi ratificado posteriormente nas asembleas de traballadores.

Con todo, segundo informa a CIG, a empresa, a UTE Albada, “négase agora a dar cumprimento ao acordado e proceder á firma do texto íntegro do convenio colectivo”.

O comité entende que hai unha evidente mala fe na negativa da empresa a asinar o convenio colectivo, “o que causaría un grave prexuízo ao conxunto do persoal que vería novamente atrasada a recuperación do poder adquisitivo dos seus salarios, á vez que vería tamén incumpridos os compromisos adquiridos en materia social e de xornada”.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

Un boi de Culleredo pulveriza o récor da Central Agropecuaria de Galicia: 10.521 euros

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que se celebra en Silleda, bateu a súa...

O Encontro Galego de Ilustración enche A Coruña de creatividade

Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), celebra o Encontro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here