InicioOPINIÓNA plataforma flotante do Parrote, coa historia ás costas

A plataforma flotante do Parrote, coa historia ás costas

Publicada o

Por Ricardo Vales

O Parrote está situado nunha das zoas máis privilexiadas e cotizadas da cidade. Os focos das diversas televisións someten o lugar a todo un deslumbramento, filmando en vivo as vivendas que ocupan persoas ás que lles atribúe unha categoría de excepción. Un dos millores observatorios para a contemplación do mar e para notar axiña a brisa que desprende a vida de élite. Pois ben, o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, acompañado por destacados dirixentes institucionais do PP, acaba de anunciar a convocatoria dun concurso de ideas para a redacción dun proxecto de instalación dunha plataforma flotante no Parrote, que entraría en funcionamento no verán de 2024, por un monto de 3,1 millóns de euros. Eu, como impulsor, xunto a Rosa Sánchez e Pili Sánchez, da recollida das 2.913 contabilizadas, entregadas ao entón concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, para que se permitira o baño trala prohibición declarada no seu día, mesmo coa instalación de sinais de advertencia, considero necesario precisar que a petición quedaba reducida tan só a que se delimitara unha zona de baño, tal como se fixo, con grande éxito de bañistas, pero en ningún momento prantexouse a cuestión da plataforma flotante que, particularmente, considero un  dispendio innecesario.

Recreación da plataforma flotante no Parrote / Portos
Polo demais, sería moi oportuno aproveitar este momento da travesía eleitoral, volcada nas máis variadas promesas, para lembrar a ocupación no seu día de 25.000 metros cadrados gañados o mar que posibilitaron a construcción do complexo polideportivo da Solana, inaugurado en 1942 e ampliado en 1970 a través dun novo recheo, iniciativa prolongada posteriormente co hotel Finisterre, inaugurado en 1948, sobre os terreos que ocupara o vello cárcere até 1928. Unha proposta de conducta feita á medida da cultura acumuladora dos vencedores da guerra civil en plena expansión irreversíbel por acaparar o común, con efectos perniciosos para a veciñanza da Cidade Vella, que perdeu a praia do Parrote, sen resultar nunca resarcida. Nada máis inhumano que o esquecemento dos humillados da posguerra. A frase anterior resulta inevitábel para que o leitor dispuña dun coñecemento político e social  daqueles tempos que lle permita entender como as clases dominantes colonizaron as conductas a través dunha ferrea disciplina social e moral. En calquera caso, e malia o desacordo, non teño problema en agradecer a receptividade que sempre amosou o señor Fernández Prado para que os habituais da zona seguíramos entregándonos ao disfrute do baño, así como os bos desexos que traslada para a apertura do litoral urbano á unha escala máis humana. Paréceme un avance porque leva implícito o recoñecemento de que a cidade pode atoparse diante da millor oportunidade da súa historia para superar moitas deficiencias do seu trazado, potenciando os seus fundamentos de racionalidade dentro da futura remodelación portuaria. Por algo se empeza.
Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e Responsábel de Comunicación da Plataforma Cívica Defensa do Común

ÚLTIMAS

Mobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

Traballadores e traballadores de Abanca concentráronse este venres, unha vez máis, diante da oficina...

O PSdeG atribúe á “estratexia” do partido a substitución de Rivas por Abalde: “Son dúas persoas extremadamente válidas”

A deputada do PSdeG Silvia Longueira atribuíu á "estratexia do partido" a substitución de...

Gonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día do seu comezo: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se...

Durante o pleno de onte, ademais de tratar a mala xestión do Noroeste, o...

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

O patinete non se poderá subir ao bus. O Noroeste tivo o seu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here