InicioPOLÍTICAMarea Atlántica deseñará o "novo rumbo" o 10 de xuño e aposta...

Marea Atlántica deseñará o “novo rumbo” o 10 de xuño e aposta polo “sentidiño” nas xerais

Publicada o

Por europapress

A Coordinadora da Marea Atlántica convocou para o 10 de xuño un encontro, ao que están convocadas todas as persoas asinantes do manifesto, para determinar o “novo rumbo” da formación tras a derrota electoral que lles deixou fóra da corporación municipal coruñesa.

Nun comunicado, explica que o obxectivo é “avaliar conxuntamente” os resultados das eleccións municipais tras un 28 de maio que cualifica “negro”. E é que, desde a Marea, aseguran que “ninguén esperaba un castigo tan duro ao conxunto das forzas progresistas” fronte aos resultados obtidos polo PP.

O espazo do cambio sufriu tamén un duro revés“, admite a Marea Atlántica, que cualifica de “severo” o retroceso en Galicia, con excepción dos resultados, engade, de Sadamaioría e Rianxo en Común. No caso da Marea Atlántica, admite que os resultados son “pésimos” e apostilla que non caben “matices nin paliativos” tras obter 5.267 votos, “150 menos dos necesarios para obter un escano”.

“Temos que asumilo, reflexionar e traballar aínda máis para volver”, destaca nun comunicado no que vinculan o sucedido cunhas eleccións celebradas baixo un “marco estatal”. Ademais, admite a existencia de “motivos para a desafección” e, alude, á marcha de Esquerda Unida e Podemos, que conformaron un grupo, ‘Por Coruña’, que tampouco obtivo representación.

“A ruptura do espazo de confluencia volveu ser protagonista“, lamentan, á vez que apelan ao “sentidiño” de cara a unhas eleccións “críticas”, din sobre as estatais convocadas para o 23 de xullo.

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...