InicioA CORUÑAEste sábado, numerosas actividades polo Día dos Mercados

Este sábado, numerosas actividades polo Día dos Mercados

Publicada o

Por editor

Este sábado 3 de xuño a cidade celebra o Día Internacional dos Mercados. Faino con espectáculos de showcooking e xogos infantís nos mercados municipais das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Ramón Cabanillas, San Agustín, Eusebio da Guarda e Durmideiras

A programación levarase a cabo en horario de mañá con actividades para os máis pequenos, con xogos en familia que terán lugar de 11.00 a 14.00 horas nos mercados municipais das Conchiñas e Elviña. As nenas e nenos, acompañados polos monitores e monitoras, poderán participar en diversos xogos de pistas con códigos QR nas instalacións do mercado. Levaranse, ademais, un agasallo.

En paralelo, e tamén de 11.00 a 14.00 horas, nos mercados municipais de Ramón Cabanillas, no barrio dos Mallos e de Monte Alto, haberá degustacións para os máis pequenos, presentando un tícket de compra dese mesmo día, de calquera importe, no mercado municipal de referencia.

Por outra banda, os mercados municipais de San Agustín e Eusebio da Guarda, na praza de Lugo, acollerán actividades musicais. Tamén haberá agasallos para as persoas participantes.

Por último, e xa a partir das 12.00 horas, no mercado municipal de Durmideiras haberá un espectáculo de showcooking. Os chefs do restaurante Pracer, Moncho Bargo e Javi Freire, amosarán ao público asistente a receita para elaborar un guiso vermello de peixe. As primeiras 50 persoas en chegar ao evento poderán degustalo de balde.

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Pedro Blanco dá a benvida á nova subdelegada do Goberno na Coruña, Encarna Rodríguez Barca

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here