InicioPOLÍTICAO BNG apoiará a investidura pero non formará parte do goberno

O BNG apoiará a investidura pero non formará parte do goberno

Publicada o

Por europapress

A socialista Inés Rey repetirá como alcaldesa da Coruña tralo acordo alcanzado este mércores entre o PSdeG e o BNG de cara á investidura que terá lugar o sábado, día 17, coa constitución das novas corporacións locais.

Será un goberno en minoría, e non un bipartito, e despois de que os socialistas lograsen nas eleccións municipais 11 concelleiros, fronte ao 9 do anterior mandato. O PP, que reclamaba liderar o goberno local como lista máis votada, obtivo 12 e o BNG catro.

Así o anunciaron en declaracións aos medios, o portavoz en funcións do goberno local da Coruña, o socialista José Manuel Lage, e a concelleira electa do BNG Avia Veira.

“Inés Rey será alcaldesa da Coruña novamente respondendo a esa maioría social progresista que hai na cidade e que se traduce neses 15 concelleiros e concelleiras que durante catro anos conforman unha maioría evidente”, sinalou Lage. “Vai ser un goberno en minoría, minoría socialista”, dixo Lage, quen precisou que hai “un acordo de investidura cunha serie de asuntos que son compartidos”.

Veira falou de conversacións “fluídas, áxiles e efectivas” entre os partidos e engadiu que o acordo de investidura ten que ser ratificado na asemblea xeral do BNG convocada para as 19,30 horas desta xornada.

Ambos os representantes políticos avanzaron que este xoves día 15 darán conta “de forma detallada” deste acordo. Fixérono ao terminar a reunión, á que seguirá agora a definición dos “detalles organizativos”.

ÚLTIMAS

A nova licitación do Master Plan da Fachada Marítima: un golpe ou unha oportunidade

Anunciábase onte que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais vén de obrigar a...

A Consellería négase a desdobrar dúas aulas masificadas nos CEIP María Barbeito e Cerviño e CEIP Alborada

A CIG denuncia ratios “disparatadas” en diferentes centros de ensino da comarca da...

Máis de 35.000 cartas sen repartir: A “insostible” situación de Correos na Coruña

Non calma a situación nas oficinas de Correos da cidade. Despois de meses de...

Monte Alto sae de festas Diplomáticas

Albíscase unha potente fin de semana por Monte Alto. O sábado 20 e o...