InicioSUCESOSAbren xuízo ao home que presuntamente asasinou á súa parella no barrio...

Abren xuízo ao home que presuntamente asasinou á súa parella no barrio do Birloque

Publicada o

Por monchomarino

O xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña decretou a apertura de xuízo oral contra o home que, en setembro de 2021, presuntamente asasinou á súa parella no barrio do Birloque e que se enfronta a 25 anos de prisión.

Así, o xulgado acordou remitir as actuacións á Audiencia Provincial da Coruña, competente para axuizar estes feitos, e manter a medida de prisión provisional para o investigado. Tamén estableceu que o acusado debe prestar fianza de 104.000 euros para garantir a posible responsabilidade civil.

No seu auto, a xuíza desestimou as alegacións da defensa, que solicitou a práctica de proba consistente en informe médico psiquiátrico comprensivo non só da valoración da imputabilidade do acusado, senón tamén sobre as patoloxías que presentaba no momento do suceso, e expón que “existen múltiples indicios racionais de criminalidade”.

Os feitos ocorreron na tarde-noite do 14 ao 15 de setembro de 2021, cando se produciu unha discusión na vivenda que compartían o acusado, de 48 anos de idade, e a vítima, de 52 anos. A rifa tivo a súa orixe no feito de que a muller trasladou ao acusado a súa intención de romper a relación e pediulle que se fose da vivenda.

Segundo o relato do feitos obxecto de acusación, o home “díxolle que se ía arrepentir desa decisión, que non aceptou, desprezando a vontade da muller de pór fin á relación, e decidiu acabar coa súa vida”.

Para iso, atacouna de forma sorpresiva por detrás, asestándolle varias puñaladas que, entre outras lesións, lle perforaron a aorta e causáronlle a morte de forma inmediata. A muller “non tivo posibilidade algunha de reacción ante o inopinado do ataque”.

Tras matala, o acusado apoderouse de certa cantidade de diñeiro, entre 300 e 400 euros, procedentes da recadación da panadaría onde traballaba a vítima, e que era propiedade do seu pai. O presunto asasino, que “non tiña alteradas as súas capacidades cognitivo-volitivas no momento da comisión dos feitos”, fuxiu e foi detido ao día seguinte en Madrid.

DELITOS E PENAS

A Fiscalía acusa ao investigado dun delito de asasinato co agravante de parentesco, e un delito leve de furto. Por estes feitos, pide para el 25 anos de prisión, orde de afastamento dos fillos da vítima (froito doutra relación) durante 30 anos, medida de liberdade vixiada, multa de 540 euros, ademais de indemnizar ao pai da muller e aos fillos en cantidades que suman 80.000 euros.

A acusación particular tamén pide 25 anos de cárcere por un homicidio, e 6 anos por roubo con violencia. As indemnizacións reclamadas por esta parte ascenden a 120.000 euros. Pola súa banda, a defensa pediu que se lle aplique a eximente de alteración psíquica ou, subsidiarimente, a mesma atenuante. En caso de ser condenado, pide que se apliquen as penas no seu grao máis baixo e que as indemnizacións a p

ÚLTIMAS

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, absolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Alas Coruña celebra que o veredicto do xurado popular polo asasinato de Samuel recolla a “motivación homófoba”

A asociación LGTBI+ Alas Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso do...

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here