InicioCULTURADenuncian o Wake Up & Dream Festival polo seu impacto ambiental

Denuncian o Wake Up & Dream Festival polo seu impacto ambiental

Publicada o

Por editor

Xa sabemos dende hai un par de meses que o parque de Bens se convertirá nunha gran rave no marco do Wake UP Festival, un evento programado polas empresas El Pelícano, Wake Up e DreamBeach. A cita de música electrónica, programada para os vindeiros 14 e 15 de xullo, contará con figuras internacionais como Carl Cox.

Poucos se preguntaban pola afectación do macrofestival nunha contorna natural como Bens, a meirande zona verde da Coruña. Si o consideran perigos dende Ecoloxistas en Acción. O grupo conservacionista vén de denunciar a celebración polo seu “alto impacto ambiental no parque e na súa contorna, afectando as Illas de San Pedro, zona protexida, e ós veciños dos barrios adxancentes, como o dos Rosais”.

Dende o grupo lembran que o festival, celebrado anteriormente en Almería, “acumulou varias queixas polos veciños da zona, que denunciaron, entre outras cousas, un ruído ensordecedor as 24 horas do día”.

E precisamente consideran que “todos estes decibelios, así como toda a actividade e lixo derivado de dito festival, impactarán negativamente tanto no medioambiente como na saúde da veciñanza da Coruña”.

“É unha tolería”, declara o voceiro de Ecoloxistas en Acción, Eloy Pérez, “Quérese facer un macrofestival nun lugar que debe estar protexido contra o ruído. Que será o seguinte? Facer unha competición de pesca no acuario? É que non hai por onde collelo. Non se entende que o concello permita esta atrocidade, este atentado medioambiental que non depara mais que destrucción a este fermoso parque que temos na Coruña”.

A maiores do ruído, a organización ecoloxista teme tamén os impactos que se poidan derivar da actividade humana no macrofestival, “Estamos falando dun festival que pretende reunir a 50.000 persoas, con todo o que iso implica. Con toda seguridade, nun evento destas características e con tal concentración de persoas, a actividade humana e o lixo deixarán pegada no parque, que en moitas zonas matense asilvestrado para conservar a biodiversidade.”

ÚLTIMAS

Repsol completará o seu traslado ao porto exterior en 2027, con liberalización dos peiraos coruñeses

Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña asinaron un acordo para completar o traslado...

Nova xornada de folga no bus da Coruña con respaldo “maioritario” que deixa por centos de viaxeiros en terra

Unha nova xornada de folga afecta este venres ao transporte de viaxeiros interurbano por...

O voceiro do PP na Coruña reafírmase no “acoso” a funcionarios: “A alcaldesa debe pedir perdón”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ratificouse...

Xoel López, a principal figura do Belén da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde no acto de apertura do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here