InicioA CORUÑADenuncian a agresión a dous técnicos de emerxencias sanitarias e falta de...

Denuncian a agresión a dous técnicos de emerxencias sanitarias e falta de apoio do Sergas

Publicada o

Por europapress

A Unión Sindical e Técnicos Sanitarios (USAE) denunciou a agresión a dous técnicos de emerxencias sanitarias da Coruñ. O sindicato sinalou que esta pasada noite na Coruña, cando dous técnicos, tras o aviso do 061, acodían a asistir a un paciente, “este negouse a ser atendido, agredindo verbalmente a unha das compañeiras, e fisicamente ao outro compañeiro, propinándolle varias puñadas ata que, finalmente, foi separado por uns familiares, quen llo levaron antes de que chegase a Policía”.

As críticas nacen pola “falta de compromiso” do servizo público tralo proceso de externalización dunha infraestrutura tan básica como esta. Xa nos casos semellantes acontecidos hai un mes na Barbanza e Pontevedra, “o 061 comunicou ás empresas nas que traballaban os compañeiros agredidos, aínda de baixa, que non se facía responsable destas agresións por ser servizos alleos, a pesar de ser o 061 quen os xestionou”.

Por iso, e malia que xa os profesionais TES — técnicos de emerxencias sanitarias– galegos non pertenzan ao Sergas, dende o sindicato piden que sexan considerados “autoridade sanitaria” para que o Sergas non mire para outro lado.

ÚLTIMAS

A Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

Boas novas para a cidade da Coruña. A Audiencia Provincial vén de anular o...

A patronal do metal incide na necesidade de avanzar na negociación

A patronal do metal na Coruña apelou a avanzar na negociación tras unha nova...

Só as persoas abonadas do Real Club Deportivo decidirán sobre a normalización do topónimo

Parecía que había consenso social (máis alá da saída de ton do desafiuzado Paco...

A CIG mantén a folga no metal da Coruña ante a “tomadura de pelo” da patronal

O secretario comarcal de CIG-Industria en Ferrol, Sergio Martínez, cualificou de "totalmente ridícula" a...