InicioCAMBREUnión x Cambre e PSOE pechan un pacto de goberno con sete...

Unión x Cambre e PSOE pechan un pacto de goberno con sete dedicacións exclusivas e unha parcial, a do alcalde

Publicada o

Por europapress

Unión x Cambre e o PSOE selaron este martes un acordo que recolle sete dedicacións exclusivas de 32.000 euros para os concelleiros e unha parcial, para o alcalde, de 40.000 euros. O obxectivo, segundo os asinantes, é seguir traballando “polo interese dos veciños de Cambre”.

Así o confirmaron o presidente de UxC e alcalde, Óscar García Patiño, e o secretario xeral do PSOE no municipio, Diego Sumidoiro, quen confían en que esta alianza servirá para dar continuidade ao traballo que ambos os grupos promoveron nos dous mandatos previos e que chega unhas semanas despois da investidura.

Concretamente, primeiro gobernaron entre 2015 e 2019, cando se formou un tripartito co BNG e, despois, entre 2019 e 2023, co goberno entre Unión x Cambre e o PSOE. Tal e como avanzaron García Patiño e Sumidoiro, a intención de ambas as agrupacións é “manter a boa sintonía e liña de traballo dos últimos anos, priorizando cuestións como a aprobación definitiva da PXOM, a execución do salón de actos da biblioteca central María Pita e o traballo conxunto para desbloquear infraestruturas que dependen doutras administracións”, como o viario 11-17 e a Vía Ártabra, entre outras.

O acordo subscrito entre ambas as formacións está conformado polo alcalde, que ten tamén as competencias de Desenvolvemento Asociativo, apoiado por María del Carmen Pan Matogueiras. Ademais, queda a seguinte configuración: María Pan Lesta, Economía, Facenda e Réxime Interior; Juan González Leirós, Urbanismo, Obras e Servizos; Daniel Mallo, Seguridade Cidadá, Patrimonio, Turismo e Transformación Dixital e Innovación Tecnolóxica, apoiado por Ramón Boga Moscoso como concelleira de Patrimonio e Turismo; David López Saborido, Cultura; María Mercedes Prieto Lamas, Benestar Social; Diego Sumidoiro Rei en Deportes, Educación e Axencia de Desenvolvemento Local, apoiado por Ana Rodríguez López como edil de Deportes, Mocidade e Educación; e Patricia Parcero Quiñoy, no medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade.

En canto á xunta de goberno local, co alcalde, estará configurada polo sete tenencias de Alcalcía, por esta orde: Juan González Leirós, Diego Sumidoiro, María Pan Lesta, María Mercedes Prieto Lamas, Daniel Mallo, Patricia Parcero e David López Saborido

ASIGNACIÓNS

O acordo entre UxC e PSOE fixa, ademais, que unha dedicación parcial –a do rexedor– de 40.000 euros e sete dedicacións exclusivas de 32.000 euros. O tres concelleiros restantes cobrarán por asistencias a órganos colexiados.

Adicionalmente, haberá sete postos de persoal de confianza: seis cunha asignación de 30.000 euros anuais e un que cobrará 32.000 euros. Esta proposta implica, practicamente, manter o gasto destinado a soldos e retribucións do equipo de goberno. Así, con respecto ao mandato de 2019-2023, esta cifra sobe, unicamente, un 0,9 %.

ÓRGANOS COLEXIADOS

En canto ás asistencias, exponse que os membros da corporación que acudan ás sesións de órganos colexiados (fóra dos que teñan dedicación) perciban 300 euros en caso dos plenos, 300 en caso das comisións, 150 euros en xuntas de portavoces e 300 euros nas xuntas de goberno local.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...