InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOManifestación o día 13 na procura de compensacións xustas ás expropiacións dos...

Manifestación o día 13 na procura de compensacións xustas ás expropiacións dos terreos das Fragas do Eume

Publicada o

Por Ángela Precedo

Os propietarios dos terreos das Fragas do Eume convocaron unha manifestación para o día 13 ante a Xunta co obxectivo de reclamar “compensacións xustas” pola “expropiación encuberta” dos seus terreos, en virtude do plan de xestión deste territorio.

A decisión adoptouse nunha reunión este sábado na Capela por parte da Asociación de propietarios de terreos das Fragas do Eume, que agrupa a 450 propietarios, con representantes dos municipios da Capela, As Pontes, Pontedeume e Monfero (non houbo representante do de Cabanas) para abordar as consecuencias do Plan Reitor (PRUX) da Xunta.

A xuízo da entidade, non ofrece “compensacións xustas” para os propietarios dos terreos, que durante décadas preservaron e contribuíron a manter o parque como está na actualidade.

Na reunión participaron, entre outros, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o de Pontedeume, Bernardo Fernández; e o da Capela, Manuel Meizoso (todos eles do PSOE), que mostraron o seu apoio ás reivindicacións do colectivo, que entende que o PRUX supón “unha expropiación encuberta” dos seus terreos, ao non ofrecer compensacións pola limitación de usos que terán os terreos da súa propiedade.

MANIFESTACIÓN O XOVES 13

Os propietarios dos terreos manifestaranse o vindeiro xoves, 13 de xullo, en Santiago de Compostela ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para amosar a “unanimidade” das reclamacións dos veciños e reclamar á administración autonómica que estableza “un sistema de compensacións negociado cos propietarios“, tal e como se fixo en casos similares en Asturias ou Castela e León.

Outro dos temas abordados na reunión foi a aprobación, por parte da Xunta, da Fundación Fragas do Eume, impulsada desde a empresa Ecoener, que conta no seu Consello de Administración “con membros destacados” do Partido Popular como os exministros Eduardo Serra e Ana Palacio e presidida por Luís de Valdivia, e que, segundo se expresou na reunión, “podería ter entre os seus labores a adquisición de terreos”.

Así, advirten de que “contrasta a rapidez coa que a Xunta outorgou o seu beneplácito á creación desta fundación coa ausencia de compensacións aos propietarios nunha PRUX que tardou dúas décadas en materializarse”.

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here