InicioCULTURAO Festival Internacional +QJazz arrinca hoxe cos Yellowjackets

O Festival Internacional +QJazz arrinca hoxe cos Yellowjackets

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este luns arrinca a programación do Festival Internacional +QJazz, que se desenvolverá do 10 ao 15 de xullo en salas e auditorios da cidade.

O ciclo albergará a grandes figuras do panorama jazzístico internacional, nacional e autonómico nunha sucesión de concertos que comezarán coa actuación de Yellowjackets o luns 10 de xullo no Teatro Colón, onde conmemorarán o seu 50 aniversario como formación.
As entradas para o concerto custarán 22 euros en venda anticipada e 25 euros o mesmo
día no despacho de billetes.

A gran novidade será a actuación gratuíta de Sharrie Williams Band o martes 11 de xullo na praza de Azcárraga.

As seguintes tres noites as salas de concertos da cidade serán as protagonistas, coas entradas dispoñibles en woutick:
O mércores 12 será a quenda de Steve Turre no Garufa Club (o custo das entradas irá de 12 a 15 euros), mentres que o xoves 13 Michael Olivera Trío actuarán no Filloa Jazz Club (entradas de 9 a 12 euros) e o venres 14 Red House Revival estarán na Sala Mardi Gras (entradas de 9 a 12 euros). Pechará o ciclo a tradicional actuación da Garufa Blue Devils Big Band, con artista convidado, o sábado 15 no Garufa Club (o custo das entradas será de
20 euros).

PROGRAMA:

  • 10 de xullo ás 21.00 h. no Teatro ColónYellowjackets (entradas: desde 22€)
  • 11 de xullo ás 21.00 h. na Praza de AzcárragaSharrie Williams Band (entrada de balde)
  • 12 de xullo ás 22.00 h. no Garufa ClubSteve Turre 6tet (entradas: desde 12€)
  • 13 de xullo ás 21.45 h. no Jazz FilloaMichael Olvera Trío (entradas: desde 9€)
  • 14 de xullo ás 22.00 h. na sala Mardi GrasRed House Revival (entradas: desde 9€)
  • 15 de xullo ás 22.00 h. no Garufa ClubGarufa Blue Devils Big Band (entradas: desde 28€)

ÚLTIMAS

A Xunta taxativa sobre a facultade de Medicina na UDC: “Os hospitais non son de ningunha universidade”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recalcou que "os hospitais non...

A milagre da Mardi Gras remata a temporada por todo o alto

Afronta a mítica Mardi Gras  a súa última semana desta histórica temporada. A sala...

O Concello da Coruña aproba novas medidas de vivenda tras a declaración de mercado residencial tensionado

O Concello da Coruña aprobou o plan de medidas específicas que se aplicarán ata...

Carmucha VST, a primeira ferramenta virtual para percusión galega está feita por un coruñés

A música tradicional galega xa ten unha nova ferramenta virtual. O músico coruñés Carlos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here