InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO181 recursos presentados contra o Parque Eólico das Encrobas

181 recursos presentados contra o Parque Eólico das Encrobas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa a veciñanza do Val de Barcia e Monte Xalo mobilizándose contra a invasión eólica. Falamos do Parque eólico As Encrobas, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. Un proxecto que pretende instalar 4 aereoxeneradores de 200 metros de altura repartidos sito nos concellos de Carral, Cerceda e Ordes.

A Xunta aprobaba a comezos de ano a Declaración de Impacto Ambiental para este proxecto asociado ao plan de transición xusta en Meirama, e en abril a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, outorga autorización administrativa previa, e autorización administrativa de construción.

Dende comezos de ano a veciñanza mobilízase a través da “Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo”, que despois de realizar charlas informativas explicando a situación do proxecto onde, todos os veciños das parroquias mais afectadas puideron asinar os recursos de alzada contra o mesmo. Finalmente presentáronse 181 recursos de alzada de veciños directamente afectados pola merma de valor das súas propiedades, polo dano irreversible á paisaxe e a o entorno, e polos graves efectos que este parque suporá para a súa saúde.

No recurso de alzada se denúncianse os defectos de tramitación do expediente pola “omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto e incorrer o órgano substantivo na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten”.

perspectiva val barcia co parque Eolico As Encrobas

A Plataforma reclama ademais “a evidente fragmentación fraudulenta dun parque eólico de maior dimensión posto que o parque As Encrobas está vencellado ao parque eólico Meirama, xa que comparten a mesma subestación eléctrica e as instalacións de conexión e transporte ata a subestación de REE”. Unha “fragmentación irregular” que xa serviu para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspendese a autorización de parques como os de Bustelo, Campelo e Monte Toural.

A veciñanza critica a afectación directa e severa ao benestar e á saúde das familias dos núcleos e vivendas próximas ao parque. “A poboación verase afectada polo ruído xerado polos muíños e o efecto de parpadeo de sombras dos mesmos en, al menos, en 4 núcleos de poboación (Paiolante-Salgueiros (Carral), Xontes (Carral), Juntes (Carral), Pontoxo (Cerceda)), sitas a uns 500 metros aos aeroxeneradores, e outros tres encóntranse a unha distancia duns 1000 metros (Paradela –Esperante-La iglesia (Carral), A Horta do Conde (Carral), e Vilasuso (Carral))

Existe un rexeitamento social absoluto á implantación de parques eólicos no Concello de Carral polo seu impacto negativo na economía local, na saúde, no medio ambiente e na calidade de vida”, sinala a veciñanza. “As afeccións ecolóxicas, visuais e paisaxísticas prevense severas e irreversibles”.

Por todo isto solicitan a suspensión cautelar urxente da eficacia da resolución do 17 de abril do 2023, da Xunta de Galicia do proxecto.

 

Máis novas

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here