InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Coordinadora Eólicos Así NON convoca unha gran mobilización para o 23...

A Coordinadora Eólicos Así NON convoca unha gran mobilización para o 23 de abril

Publicada o

Por editor

A Coordinadora Eólica Así Non vén de facer unha convocatoria para unha manifestación o vindeiro 23 de abril. Baixo o lema “Rodeamos a Xunta. Non á depredación macro-eólica especulativa” esperan unha mobilización de rexeitamento máxima en contra do contra o “modelo depredador da enerxía eólica“ que provocará unha “auténtica catástrofe ambiental e social sen precedentes, na que en especial o medio ambiente e o rural galegos ficarían dilapidados para sempre e en mans de multinacionais destrutoras do territorio”..

A data coincide coa data límite establecida pola normativa vixente para outorgar autorización previa aos proxectos eólicos promovidos en Galicia que contan con declaración de impacto ambiental favorable. A manifestación pedirá que se paralicen os 77 macroprooxectos que xa teñen a autorización previa concedida e outros 150 que a Xunta aínda mantén en tramitación.

”Desde a Coordinadora Eólica Así Non levamos máis de 2 anos reclamando unha nova planificación pública, ordenada e ao servizo do pobo, demandando unha moratoria, pero agora a paralización de todos os proxectos é máis necesaria que nunca”, explicaron dende a entidade conformada por máis de 200 colectivos galegos do eido ecoloxista, sindical, cultural, veciñal e comunidades de montes.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here