InicioPOLÍTICAXan Xove, candidato da Marea Atlántica: "Queremos unha Coruña mellor"

Xan Xove, candidato da Marea Atlántica: “Queremos unha Coruña mellor”

Publicada o

Por europapress

O exdiputado autonómico Xan Xove foi finalmente a única persoa que deu o paso na Marea Atlántica para liderar a candidatura nas as eleccións municipais de 2023 na cidade herculina.

Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press despois de que o prazo para formalizar a presentación de candidaturas terminase este xoves. O domingo saberase o nome das persoas nos primeiros postos, unha vez que se comprobe que todo está correcto.

Xan Xove confirmou por redes sociais a súa decisión de presentarse para encabezar a candidatura da Marea Atlántica, convido de que esta segue sendo “imprescindible para unha Coruña mellor”.

Tamén para promover propostas ou outras xa impulsadas pola Marea, como a renda social municipal, “e máis nun momento duro como este de involución de crise climática e social onde os nosos dereitos cada vez ven máis recortados e cuestionados”. A súa candidatura, ao coñecerse, tivo o apoio, entre outros, do ex rexedor Xulio Ferreiro.

ÚLTIMAS

O pleno de setembro volveu amosar a confrontación entre PSOE e BNG

Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de...

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Seguen en loita as familias do IES Menéndez Pidal de Zalaeta, vendo como o...

CCOO, CIG, UGT e USO boicotean a inauguración do Gadis de Monte Alto esixindo un desbloqueo ao convenio da alimentación

Inaugurábase esta mañá o Gadis de Monte Alto por todo o alto despois de...

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...