InicioCULTURAA colección privada de calzado de Stuart Weitzman chega á Coruña, sende...

A colección privada de calzado de Stuart Weitzman chega á Coruña, sende a primeira vez que sae de EEUU

Publicada o

Por europapress

A Fundación Barrié da Coruña acollerá entre o 7 de outubro e o 7 de xaneiro de 2024 a exposición ‘Walk this way’, coa que a colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman viaxa por primeira vez fóra de Estados Unidos.

A mostra, informaron desde a Fundación Barrié, explora como os zapatos transcenderon a súa finalidade máis práctica para converterse nunha “auténtica representación da cultura” e faino a través de 100 pares da icónica e extensa colección privada do deseñador, que reuniu durante tres décadas xunto á súa muller Jane Gershon Weitzman. Con esta mostra, organizada por The New-York Historical Society, a Fundación Barrié dá continuidade á súa liña expositiva dedicada ao deseño.

A colección inclúe pezas tan históricas como curiosas, que van desde as zapatillas de Réinaa Vitoria de Inglaterra, de 1860, ata as mules peep-toe que pertenceron a Ginger Rogers na década de 1950; e de deseñadores como Beth Levine, coñecida como “primeira dama do deseño de calzado”; Terry de Havilland, coñecido como o deseñador do glam rock londiniense que creou deseños para David Bowie ou Tim Curry en The Rocky Horror Picture Show; Salvatore Ferragamo, que creou zapatos personalizados para Marilyn Monroe, Greta Garbo, Katharine Hepburn e Marlene Dietrich; e o propio Stuart Weitzman e o seu pai Seymour Weitzman, ata un caderno con esbozos de John Azzimonti, coñecido como “poeta da sola”. Durante o transcurso da exposición, a Fundación Barrié organizará talleres didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...