InicioA CORUÑAA Federación de Librarías de Galicia carga contra o Concello da Coruña:...

A Federación de Librarías de Galicia carga contra o Concello da Coruña: “A Feira do Libro non é a súa prioridade”

Publicada o

Por editor

A Federación de Librarías de Galicia carga contra o Concello da Coruña: “A Feira do Libro non é a súa prioridade”

O vindeiro martes, 1 de agosto comeza unha nova edición da Feira do Libro dA Coruña. Pero a entidade organizadora, a Federación de Librarías de Galicia, vén de emitir un crú comunicado no que lamenta a falta de compromiso firme por parte da administración local da Coruña.

Comunicado da FLG

A Federación de Librarías de Galicia é a entidade organizadora das Feiras do Libro que se fan na nosa comunidade. Este ano son 14 feiras as que visit
an distintas vilas e cidades galegas.

Un dos obxectivos da FLG é establecer un marco de diálogo permanente coas distintas administracións, Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e Concellos onde se celebran cada unha das feiras, co obxeto de consolidar acordos que doten de estabilidade as feiras en tódolos aspectos.

Nestes últimos anos a FLG leva traballando na proposta dun convenio co Concello de A Coruña que definitivamente recoñeza a importancia que esta
Feira do Libro ten para a cidade, e para todo o tecido do libro en Galicia.

Despois de infinidade de contactos e reunións, onde o Concello amosou o seu compromiso para avanzar na sua sinatura, a pasada semana comunicousenos que finalmente, o convenio non vai ser asinado, e que unicamente contamos co compromiso verbal do concello de investir 15.000
€, como cada ano ven destinando a súa Feira do Libro, unha aportación evidentemente deficiente para a maior feira do libro de Galicia, un evento que
cada ano reune a milleiros de visitantes de toda Galicia.

Dende a FLG queremos trasladar o seguinte a opinión pública:

  • 1. O noso profundo malestar por esta decisión, que ademais se produce sin recibir ningunha explicación fundada por parte do Concello.
  • 2. Dende a FLG estamos comprometidos a mellorar as Feiras do libro de Galicia, e para iso precisamos dun apoio decidido por parte da Administración ao libro e á Cultura do noso país. A Feira do libro de A Coruña recibe cada ano entre 120 e 150 mil visitantes ó longo dos 10 días de feira. Nos últimos anos vense facen do un importante esforzo por parte da organización para mellorar constantemente a oferta, cada ano o número de casetas, autores e eventos aumenta, e este 2023 non é excepción, con 32 casetas participantes. Con esta decisión do Concello de A Coruña, queda claro que esta no parece ser a súa prioridade.
    prioridade.
  • 3. É evidente a grande diferencia orzamentaria que existe entre a aportación a Feira do Libro, e as aportacións do Concello (en algún caso de varios centos de miles de euros) que reciben algúns outros eventos culturais, moitos de eles de índole completamente privada.
  • 4. A Coruña é unha cidade que conta cunha rede de bibliotecas públicas moi importante, e con maior número de usuarios en términos relativos. Dispón tamén dunha amplia rede de librerías con unha oferta variada e de calidade, o que a transforma nunha cidade literaria, en definitiva, unha cidade vencellada ó libro. Por iso, esiximos do Concello que cumpra o seu compromiso de colaboracióncoa Feira do Libro de A Coruña e poña en marcha o convenio
    colaboradora coa Federación de Librarías de Galicia a tales efectos.

A Cultura non é algo accesorio. As persoas que dun ou outro xeito formamos parte dela esiximos da Administración que cumpra coa sua responsabilidade, que asuma as súas obrigas, e que entenda que este inmenso patrimonio é de todos, e que entre todos temos que preservalo e fomentalo.

Por último, queremos convidar a todo o mundo á Feira do Libro de A coruña. Coma sempre, atoparemos centos de actividades para todos os públicos, unha programación diversa, equilibrada e de calidade, e vivir a experiencia de compartir momentos cas nosas escritoras e escritores preferidos, en definitiva Vivir os Libros.

  • Federación de Librarias de Galicia.

Máis info

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here