InicioCULTURAO WOS Festival x SON Estrella Galicia ocupará dúas naves do complexo...

O WOS Festival x SON Estrella Galicia ocupará dúas naves do complexo arquitectónico da Fundación Laboral da Construción

Publicada o

Por Ángela Precedo

WOS Festival x SON Estrella Galicia contará na súa sétima edición, que se celebrará do 14 ao 17 de setembro, cunha nova sede: dúas naves do complexo arquitectónico da Fundación Laboral da Construción como pista de baile para a noite do sábado. Tal e como destaca Iván Arias, director do evento, “no ADN do WOS Festival está pór en valor o patrimonio da cidade e recuperar espazos únicos para a cultura”.

“Contar con este espazo no 2023 era imprescindible para dar un novo paso nesta dirección. Trátase dun exemplo da arquitectura industrial galega que entronca coa esencia da música electrónica, que demanda escenarios deste tipo, con teitos altos e materiais potentes“, apunta Arias.

Así, artistas internacionais como o dj londiniense DjRUM, o danés Croatian Amor ou o espectáculo audiovisual de Slikback con Weirdcore pasarán polas naves da Fundación. O complexo arquitectónico combina espazos restaurados da antiga curtidoría de Pontepedriña, do século XVIII, con outros de nova construción nunha área de case 5.000 metros cadrados.

Precisamente, a rehabilitación do espazo, do que se conservaron zonas emblemáticas como un muíño ou mesmo as antigas balsas, foi recoñecida no 2018 co galardón á mellor rehabilitación nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia. Na actualidade, os usos do espazo destínanse a centro de formación, ademais de acoller a sede territorial en Galicia da Fundación Laboral da Construción.

Algúns dos artistas xa confirmados neste festival son Aho Ssan & Sevi Iko D’mochevsky, Akazie, Croatian Amor, DjRUM, JUAIT, Lamin Fofana, Lee Gamble, Malibu, Puce Mary, Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia ou Slikback & Weirdcore.

ÚLTIMAS

Volven denunciar á Xunta e ao Estado pola continua opacidade e incumprimentos legais no Pazo de Meirás

Falabamos onte co historiador Manuel Pérez Lorenzo sobre os usos didácticos que lle deberíamos...

A Festa do Apego chega este venres ao Campo da Leña para achegar a música en galego ás crianzas

O Campo da Leña acolle este venres 28 de agosto a partir das 17.00...

Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante; as propostas de Volotea para A Coruña

O prazo aberto para presentar ofertas para cubrir os destinos nacionais no concurso convocado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here