InicioARTEIXOEstabilizado o incendio de Arteixo, que afectou a 20 hectáreas

Estabilizado o incendio de Arteixo, que afectou a 20 hectáreas

Publicada o

Por europapress

O incendio que se rexistrou este mércores pola tarde na parroquia de Suevos, en Arteixo, mantense estabilizado, e cunhas vinte hectáreas de superficie afectada, segundo as estimacións da Xunta.

A estabilización do lume, que se iniciou ás 17,07, produciuse a última hora, sobre as doce e media da noite. No lugar, segundo informaron a Europa Press desde a Consellería do Medio Rural, permanecen medios de terra e, se fosen necesarios, incorporaríanse aéreos. “Que parece que non vai ser necesario”, apuntaron desde o departamento autonómico, que engadiron que hai que esperar a dar “un tempo razoable” para dar por controlado o incendio.

Pola súa banda, os Bombeiros de Arteixo estiveron a protexer as vivendas próximas ao lugar do incendio, en concreto desde as sete da tarde ata as 23,30 horas, na zona da travesía de Suevos, e logo na zona de Cabo Cociñadoiro, desde a unha e media ata o cinco e media da madrugada.

Trátase do segundo incendio que se produce na zona nos últimos días. E é que a parroquia de Suevos xa sufrira outro incendio forestal o pasado sábado, que queimou unha superficie reducida. Para o seu control, mobilizáronse dous técnicos de apoio, sete axentes, dez brigadas, nove motobombas, cinco helicópteros e dous avións. O vento dificultou os traballos dos efectivos durante os traballos.

ÚLTIMAS

“Valentina” xa homenaxea aos “Golfiñ@s” de Riazor

Esta mañá tivo lugar a inauguración da estatua na honra aos Golfiños de Riazor,...

A Coruña en pé contra os desafiuzamentos: A cidadanía arroupará a Marta e aos seus fillos este xoves ante a perda da súa vivenda

Na Rúa Vicente Aleixandre da Coruña vive Marta Zurahieva, unha refuxiada ucraína procedente de...

Un cartel de luxo para a Romaría dos Castros

O Parque de San Diego conta os días para unha das citas tradicionais máis...

“Os Franco seguen de titulares rexistrais do Pazo do Meirás”

Case 4 meses despois da sentenza do Supremo, a finca do Pazo segue rexistrada...