InicioSOCIEDADEMáis buses para as festas de Sada

Máis buses para as festas de Sada

Publicada o

Por Ángela Precedo

Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos dos asistentes, segundo informaron a través dun comunicado. Así, o día 15 de agosto os usuarios disporán de servizos especiais de Entrexardíns a Sada ás 23.00 horas e, este ano, tamén desde Betanzos a Sada ás 22.30 e 23.30 horas, respectivamente. Doutra banda, os regresos realizaranse ás 4.30 e ás 5.30 horas desde Sada a Entrexardíns e ás 5.30 horas desde Sada a Betanzos.

Para o traxecto de Entrexardíns a Sada, o servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Entrexardíns, Costa Palloza 4 / 5, Coruña E.A., A Gaiteira, Os Castros, Chuac, Materno A Coruña, Xesuítas A Coruña, Ponte Pasaxe, Perillo, Perillo (Citroen), Perillo (Burger King), Graxal, San Pedro De Nós, Alsina, Mesón Da Auga, O Carballo, Cristo Rey, A Cruz, Piñeiro Piscina (Miraflores), Oleiros cara a Sada, Edreira, Osedo 1, Castelo Cruce Mosteirón, Pombal Osedo, Osedo 2, Osedo 3, Xeiseda, Xeitosiña, Tarabelo 1, Tarabelo 2, A Chaburra, Igrexa Nova, Concello De Sada e Sada Hotel Sada Palace.

Desde Betanzos a Sada, os puntos de paso serán os seguintes: Betanzos praza, Betanzos Instituto , Angustias, Castro 2, Castro 1, Ponte de Ferro, Miodelo, Salloso, Carrio 3, Carrio 2, Carrio 1. Cruz do Sar. San Isidro, Reboredo 2, Reboredo 1, Tatin, Gandario (Mallorca), A Lagoa, Mariña Española, Sada gasolineira, Concello de Sada e Sada hotel Sada Palace.P

ÚLTIMAS

A Coruña volve ser de Primeira

Viviu un domingo moi especial a cidade da Coruña co ascenso do Dépor a...

Máis de 3.600 persoas camiñan na Coruña en solidariedade coa Asociación Española Contra o Cancro

Máis de 3.600 persoas participaron este domingo, 24 de maio, na andaina solidaria 'A...

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico...

Inés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: “Agora a Coruña é un motor económico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou a súa “preocupación e sorpresa” pola imputación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here