InicioMOV. SOCIAISOs Bombeiros esixen unha reunión coas administacións do Consorcio

Os Bombeiros esixen unha reunión coas administacións do Consorcio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

No día de hoxe, a Representación Sindical dos Bombeiros Comarcais de Galicia solicitou formalmente unha reunión coa Xunta de Galicia e as Deputacións Provinciais para o vindeiro 05 de setembro, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais.

Os Representantes dos Traballadores MIB e Comité de Folga lembran que “dende o 02 de agosto a parte traballadora buscou sen éxito reunirse coas Administracións para achegar posturas, recibindo por resposta que os responsables políticos de prestar o Servizo de Emerxencias ían de vacacións e non estaban dispoñibles para solucionar un problema que ten afección directa na cidadanía”.

A representación dos traballadores tentou de tódolos xeitos posibles achegarlles un Protocolo de Colaboración coa finalidade de establecer un marco de diálogo e colaboración en aras a normalizar o funcionamento dos catro consorcios provinciais de Bombeiros.

Este documento contén as achegas e a pretensións do colectivo, que non son outras que as que persegue a Folga Autonómica que manteñen dende o 15 de xuño: a estabilización de prazas do persoal e a firma dun Convenio Colectivo común para os Bombeiros pertencentes os 4 Consorcios Provincias, facilitando así que a Xunta de Galicia asuma as súas obrigas (que ven incumprindo dende o ano 2010) respecto da Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia, que na súa Disposición Adicional Terceira establece que a Xunta impulsará as accións necesarias para homoxeneizar no prazo de tres anos as prestacións e condicións de traballo do persoal dos Consorcios Provinciais

Os bombeiros lembran que “os peches dos Parques, que se están a producir a diario por toda Galicia, prodúcese pola ineptitude e falta de capacidade dos nosos dirixentes”, tendo en conta que a única medida que se está a tomar dende a parte traballadora é a de cumprir có horario e as quendas establecidas por cuadrante, que son as máximas establecidas por lei, e non facer horas extra voluntarias. “Soamente con isto demostramos o servizo precario, mal dimensionado e nefastamente xestionado que prestan Xunta e Deputacións a través do Consorcios Provinciais”, denuncian.

 

ÚLTIMAS

A Comisión da Memoria Histórica pide á Xunta contundencia aos Franco pola apertura da Casa Cornide

AA Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña (CRMHC) denunciaron a "permisividade e pasividade"...

O Concello sacará a concurso o contrato para o novo Plan de Equipamentos Deportivos

No marco da folga de conserxes, pero sen facer referencia algunha, o Concello da...

Ollo, cortes en Alfonso Molina na saída cara á AP-9/Palavea este martes

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, que realiza o Ministerio...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here