InicioA CORUÑAUn programa municipal do Concello da Coruña levará titulados de FP a...

Un programa municipal do Concello da Coruña levará titulados de FP a formarse en catro país

Publicada o

Por europapress

Once titulados de Formación Profesional da Coruña formaranse en catro países europeos grazas a un programa municipal, segundo informa o goberno local. A concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, despediron hoxe ás persoas participantes no programa ‘Acoreuropa’, que chega á súa undécima edición.

Este programa, que forma parte do proxecto de mobilidade Erasmus+ da Unión Europea, está dirixido a mozos recentemente titulados en ciclos superiores de Formación Profesional que se atopan en situación de desemprego e que non teñen unha previa experiencia profesional, para que poidan realizar estadías formativas de tres meses noutros países da UE.

A concelleira animou o once bolseiros a gozar desta oportunidade de formación e intercambio cultural. “Programas como Acoreuropa son moi importantes, pon no centro as necesidades das persoas que finalizan os seus estudos e queren acceder ao mercado laboral”.

ÚLTIMAS

29N.- Figaredo insiste en que Vox e BNG pelexan un escano pola Coruña e chancea con que non hai protestas por ser domingo

O portavoz nacional de Economía, Enerxía e Desregulación de Vox, José María Figaredo, visitou...

Estas son as imaxes do Calendario da Coruña 2027

Vén de escoller o Concello da Coruña as 13 imaxes que formarán parte do...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...