InicioMOV. SOCIAISO Nonviolencia Activa Fest reunirá música, poesía, pintura e moito máis en...

O Nonviolencia Activa Fest reunirá música, poesía, pintura e moito máis en María Pita

Publicada o

Por editor

O 2 de outubro é o Día Internacional da #NonViolencia. Para conmemorar a data, a Asociación Mundo Sen Guerras e Sen Violencia organiza o domingo 1 de outubro, un evento que contará con nomes confirmados de artistas como: Silvia Penide, Sophie Simonds, Chelo Facal, Xosé Abad e moitos máis.

O Nonviolencia Activa Fest celebrarase en María Pita a partir das 17:30 e reunirá a artistas de diversas disciplinas coa idea de loitar contra todo tipo de violencia e de visibilizar que son moitos e moitas os que a combaten cada día, tamén mediante a arte e a cultura.

A música virá da man de Silvia Penide, Sophie Simonds, Eris MacKenzie, Marian Ledesma, Planeta Fugaz, Diversidarte Percussion Band e Laura Caló. Xulia Weinberg e Silvia Inopia conxugarán enriba do escenario pintura e música en directo.
No evento tamén haberá espazo para a poesía, da man da Asociación Veciñal Agra do Orzán, con Gosto de vivir a poesía, e Sextextos.
Non faltará o toque teatral con Hortensia.

Fóra do escenario a arte continúa coas exposicións fotográficas de Vanessa Casteleiro e Xosé Abad. Tamén haberá pintura da man de nomes de artistas como: Lola Saavedra, Chelo Facal, Javier S., Marianne Bernot e o grupo de debuxantes rúas Urban Sketcher.

Os máis pequenos, pola súa parte, terán o seu propio espazo nesta xornada. Ana, de Crecer Creando, acompañará aos nenos e nenas nun xogo temático para divertirse sen deixar de aprender.

O Nonviolencia Activa Fest pechará a tarde cun símbolo humano da paz para enviar unha mensaxe común de rexeitamento ás violencias e de aposta pola convivencia.

ÚLTIMAS

A veciñanza da Agra denuncian que o acordo urbanístico consolida “unha política especulativa indecente”

Levan décadas pelexando por un parque para o seu barrio. E por agora apenas...

Comezan as obras de urbanización dos Rosales para mellorar a accesibilidade

O Concello da Coruña comezou as obras para urbanizar o camiño do Cura, nos...

Nova xornada de folga na refinería da Coruña contra a redución de emprego e melloras salariais

A refinaría de Repsol na Coruña rexistra este venres unha nova convocatoria de xornada...

Da “Casita” de Bad Bunny á “Estanquera” de Saigón

Rematou o curso. É marabilloso traballar con adolescentes. Esas ganas de vida. Escoitar as...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here