InicioSOCIEDADEExpulsado do país un albanés acusado de pertencer a un grupo dedicado...

Expulsado do país un albanés acusado de pertencer a un grupo dedicado ao roubo de vivendas en Oleiros

Publicada o

Por editor

Un home, de nacionalidade albanesa, acusado de roubos en vivendas de distintos municipios galegos, principalmente de Oleiros, aceptou tres anos e nove meses de prisión, pena que foi substituída pola súa “expulsión do territorio nacional non podendo regresar nun prazo de seis anos”.

Durante o xuízo fixado para este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, a Fiscalía e a defensa chegaron a un acordo de rebaixa da pena, ademais de incluír a atenuante de reparación do dano tras recoñecer os feitos o procesado. Do mesmo xeito, ao non superar os cinco anos de prisión, acordouse a substitución da totalidade da pena pola expulsión do territorio nacional “non podendo regresar nun prazo de seis anos” o procesado que, non entanto, ten aínda outras causas pendentes.

Para o Ministerio Público, os feitos xulgados son constitutivos de delito continuado de roubo con forza en casa habitada, falsidade documental, así como delito leve continuado de furto co agravante de disfrace en roubo. Por todos eles, impúxose unha pena total de tres anos e nove meses de cárcere.

O condenado, ademais, deberá indemnizar aos prexudicados con 30.000 euros, dos cales se fará unha “repartición proporcional” en función dos danos causados. Os delitos cometidos tamén se produciron en Sanxenxo e outros concellos coruñeses como Bergondo e Sada. Outro compatriota está en paradoiro descoñecido e outras persoas sen identificar ou con procedementos abertos noutros xulgados.

FEITOS

Segundo o Ministerio Público, o acusado, xunto a outro compatriota, en paradoiro descoñecido, e outras persoas (algunhas delas sen identificar e outras con procedementos xudiciais abertos noutros xulgados) formaban un grupo organizado, con distribución de funcións, para o roubo en vivendas, principalmente do norte de España.

Para os desprazamentos trasladábanse desde Cataluña, onde se atopaban asentados, ao resto de lugares, entre eles Navarra, País Vasco, Castela e León e finalmente Galicia a bordo de vehículos, a maior parte de alta gama, con matrículas subtraídas ou dobradas. Estes movementos repetíronse de forma continuada “cando menos desde xullo de 2021 ata os primeiros meses de 2022”, constando abertos distintos procedementos xudiciais fronte ao acusado e distintos membros do grupo en xulgados de Pontevedra, País Vasco, Navarra e Cataluña.

ÚLTIMAS

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here