InicioA CORUÑA5 días para votar as propostas dos Orzamentos Participativos

5 días para votar as propostas dos Orzamentos Participativos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende hoxe e ata o 10 de outubro, está aberto o proceso de votación ás propostas que máis te presten no marco dos Orzamentos Participativos.

Na primeira fase de presentación de propostas, a cidadanía achegou 424 propostas das que un total de 98 eran para a totalidade do termo municipal. Delas, estimáronse como viables un total de 62. O resto das propostas repartíronse da seguinte forma:

Taboa orzamentos Participativos 2023

Tras pasar a primeira fase na que a veciñanza realizou diferentes propostas, tócanos escoller cales consideramos máis acaecida.

Os investimentos faranse con cargo ao orzamento municipal do ano 2024 conforme a seguinte repartición: investimentos para toda a cidade por valor de 1 millón de euros e doutra banda investimentos por un valor total de 1,5 millóns de euros a repartir nos distintos barrios da Coruña, a razón de 150.000 euros para cada un dous dez distritos censuais.

COMO VOTAR

Cómpre entrar en nacorunacontas.coruna.gal, estar logueado coa túa conta municipal (a través do correo electrónico) e escoller as achegas que máis interesantes te parezan para a cidade e o teu barrio.

Podes seleccionar todas as que queiras no capítulo de cidade e todas as que prefiras dun máximo de tres distritos

3ª Fase

A terceira e última fase, coa votación final, levarase a cabo entre os días 25 de outubro e 2 de novembro. Cada votante poderá apoiar proxectos de cidade que non supere ou límite orzamentario de 1 millóns de euros do plan e outros proxectos para tres distritos cun
máximo de 150.000 euros por distrito.
Aquelas propostas que acaden máis votos, tanto as que atinxen á totalidade do termo municipal como as divididas nos distritos censais, incorporaranse ao proxecto inicial de Orzamento Municipal da Coruña da anualidade 2024. Os resultados publicaranse a partires do 5 de novembro.

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here