InicioCULLEREDOO Concello de Culleredo presenta alegacións ao Vial 18

O Concello de Culleredo presenta alegacións ao Vial 18

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Ministerio para a Transición Ecolóxica publicaba onte no BOE a declaración de impacto ambiental do anteproxecto do denominado Vial18, a conexión entre a AP-9 e a AC-14.

E xa conta con varias alegacións, como a que presentou o Concello de Culleredo. En concreto, reclamou o trazado dunha vía para que os veciños da contorna de Vilaboa, A Xeca, Monte Alfeirán, etc… poidan conectar coa 3ª Ronda na Zapateira e viceversa, reducindo os tempos que precisan hoxe para desprazamentos como ir á cidade da Coruña, ir a polígonos ou coller a A-6, por exemplo.

Así conseguiríase unha mellora da mobilidade dos cidadáns, condición imposta polo Concello de Culleredo. A solicitude foi aceptada tal e como se indica na orde do BOE e denominan a esta infraestrutura “vía de servizo de conexión local”. O texto indica que será unha vía convencional de dobre sentido.

Ademais, tal e como especifica o texto, abordáronse as consideracións do Concello de Culleredo sobre a evacuación de augas, unha das preocupacións trasladadas nas observacións. O proxecto deberá incluír unha drenaxe co suficiente nivel de detalle para evitar problemas, que se incluirán nas seguintes fases.

En definitiva, tal e como expresara o alcalde, José Ramón Rioboo, “se se construíu a infraestrutura tiña que garantir o servizo aos cidadáns de Culleredo”. Estas modificacións do Ministerio melloran o proxecto para tal fin. O Concello seguirá vixiante coa redacción e tramitación do proxecto de defensa dos intereses xerais do municipio.

Máis novas

O Goberno xa ten a declaración de impacto ambiental para a conexión da autovía AC-14 coa AP-9, na Coruña

ÚLTIMAS

Mocidade Socialista pide a absolución dos detidos na Coruña e a dimisión de delegado do Goberno e alcaldesa

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) pediu a absolución dos detidos nos disturbios rexistrados...

Estas son as posicións dos grupos políticos ante os acontecementos de onte

Despois da comparecencia do Delegado do Goberno Pedro Blanco sobre as manifestacións e os...

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here