InicioECONOMÍAA estrutura da Pasarela de Pedralonga está instalada a finais deste mes...

A estrutura da Pasarela de Pedralonga está instalada a finais deste mes de outubro

Publicada o

Por editor

Avanzan as obras da Pasarela de Pedralonga, a estrutura da pasarela que unirá Eirís co Alcampo, e que formará a entrada á cidade por Alfonso Molina. Unha delegación institucional comandada polo delegado do Goberno Pedro Blanco e a subdelegada María Rivas, achegouse ata a nave sita no polígono de Coirós onde se desenvolve a estrutura.

Cos accesos laterais xa listos, avanzaron que a colocación desta estrutura, prevista para finais deste mes de outubro.

Mapa da pasarela de pedralonga
Mapa da Pasarela de Pedralonga

A pasarela de Pedralonga é a primeira das tres fases do plan de adecuación e humanización da Avenida de Alfonso Molina (AC-11), que impulsa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e e que conta con 1,6 millóns de euros de investimento.

A pasarela consta de dous tramos metálicos: un central que atravesa a estrada, cunha lonxitude de 52 metros, e outro lateral na rampla sur, cunha lonxitude de 56 metros. Ambos os tramos teñen unha sección transversal de 4,8 metros por 5,2 metros. A estrutura metálica está formada mediante a unión soldada de tubos de aceiro laminado.

Máis novas

A remodelación da avenida de Alfonso Molina: novos carrís, sendas para peóns e ciclistas e integración dos barrios

 

ÚLTIMAS

7,5M para melloras en 4 centros educativos da Coruña

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou a directores de...

As 10 rutas da Samaín que fan barrio: De estrea na Sagrada Familia

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

O Concello da Coruña promove unha campaña de concienciación no lecer nocturno por Samaín

O Concello da Coruña promove unha campaña de concienciación no lecer noturno polo Samaín...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio: O Castrillón

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here