InicioBARRIOS3.500 persoas participaron na primeira fase dos Orzamentos Participativos

3.500 persoas participaron na primeira fase dos Orzamentos Participativos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

3.512 persoas son moitas persoas, pero poderían ser moitas ser moitas máis se o programa de Orzamentos Participativos fose máis visible.

Ese foi o número de persoas que participou na primeira fase de apoios desta 7ª edición do proxecto que máis favorece a participación cidadá permitindo que sexa a veciñanza a que decida o destino de 2,5 millóns de euros

Para esta fase seleccionáranse como viables un total de 318 propostas, 60 para o conxunto do termo municipal e 258 repartidas nos distintos distritos.
En total, emitíronse un total de 13.596 apoios. O distrito que rexistrou unha maior participación foi o distrito número 7, que acolle os barrios da Gaiteira, Elviña, Castrillón e Eirís.

A fase final de votación dos proxectos comezará o 25 de outubro e prolongarase ata o día 2 de novembro.
Para participar pódese votar en liña, a través da web do Concello no apartado ‘Na Coruña Contas’ ou de forma presencial nos rexistros localizados no Palacio de María Pita, no Centro Sociocultural Ágora ou no Fórum Metropolitano. Ademais, habilitaranse seis urnas en distintos puntos da cidade co obxectivo de facilitar a votación.

Os resultados publicaranse o día 3 de novembro.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here