InicioECONOMÍAA Coruña (+17%) lidera o crecemento de pasaxeiros nos aeroportos galegos en...

A Coruña (+17%) lidera o crecemento de pasaxeiros nos aeroportos galegos en setembro

Publicada o

Por europapress

A terminal da Coruña, cun incremento dos seus pasaxeiros do 16,9%, lidera o crecemento nos aeroportos galegos en setembro. Séguelle Vigo, cunha alza do 12%, e Santiago, que repunta un 0,8%, segundo os datos que publica este venres Aena.

En concreto, Santiago-Rosalía de Castro experimenta unha lixeira subida, do 0,8%, en relación co mesmo mes do ano pasado, ata 341.407 viaxeiros transportados. Son un 21,3% máis que en igual período de 2019.

En Vigo, o aumento é do 12%, ata 107.628 viaxeiros, en setembro de 2023 respecto de setembro de 2022, e do 16% en relación co noveno menos do ano prepandemia. Pola súa banda, o aeroporto da Coruña contabilizou 114.966 viaxeiros en setembro, que son un 16,9% máis que en setembro do pasado exercicio pero un 5,5% menos que catro anos atrás.

OPERACIÓNS E MERCADORÍAS

En canto a operacións, en Compostela subiron un 0,4% interanual, ata 2.471; en Vigo un 1,3%, ata 1.454; e na Coruña descenderon un 4,9%, a 1.443. As mercadorías movidas en Santiago caeron un 2,2%, disparáronse un 262,1% en Vigo e reducíronse un 14,6% na Coruña.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...