InicioDEPORTESTímida recuperación do Dépor

Tímida recuperación do Dépor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 10 – Depor 1 – Nástic Tarragona 0
  • Vitoria dun Depor compacto que confirma a súa recuperación.
  • Décimo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (3V 5E 2D)

— — —

Dende a derrota contra o peor rival posible hai catro semanas xa, o Dépor suma dúas vitorias na liga máis un empate, ao que habería que sumarlle a vitoria de antonte á noite na Copa contra o Covadonga. Con todo isto suma o equipo branquiazul xa tres vitorias e un empate nos seus últimos catro partidos. Chamámoslle “tímida recuperación”, porque aínda é cedo para confirmar que o equipo irá cara arriba. O xogo e a sensación de dominio dos partidos aínda non convida a esperanzas maiores. De momento, só se cerrou a ferida das dúas derrotas seguidas en liga, pero aínda resta moito por facer.

Resta confirmar a creación dun bloque fiable. De momento, a defensa parece a liña máis robusta do equipo, facendo o que lle toca e o que non, velaí están os goles de Pablo Vázquez e Pablo Martinez para sumar o que non están facendo os dianteiros. No medio semella que Jurado cumpre coas expectativas incluso superándoas, mentres que Villares e Salva Sevilla van atopando a súa función no equipo. O gran déficit do equipo e claramente na zona de ataque: lesións (Yeremay e Barbero), baixo rendemento (Cayarga ou Valcarce) ou desaparicións misteriosas (Davo e Lucas). As boas novas nesta parcela veñen de Abegondo: Mella e Martín Ochoa confirman que son pezas útiles e que aportaran seu grao de area polo obxectivo, mais eles sños non poden facelo todo. Ten traballo Soriano de aquí a corenta días para resolver esta desfeita.

Resta confirmar os resultados na casa. Anda o Dépor ben de folgos fóra da casa, pero urxe pechar as portas de Riazor para que non escapen máis puntos. O mal comezo de liga obriga a seguir sumando semana tras semana, sen tempo para florituras no xogo, enchendo o caldeiro de puntos que vaian transformando a tímida nunha sólida recuperación.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Delegados sindicais protestan na Coruña tras reclamarlles Gadis 1,2 millóns pola folga en alimentación

Delegados sindicais concentráronse na Coruña, ante a sede do Servizo de Mediación e Arbitraxe...

Licitan, por fin, a xestión dos Centros Deportivos Municipais de San Diego e O Castrillón

Levan anos sendo foco de problemas laborais, en boa medida pola caducidade dos seus...

Aberto o prazo para escoller entre as 100 propostas veciñais aos Orzamentos Participativos 2026-2027

Aseos públicos en San Agustín, a creación de novos hortos urbanos, a renovación de...

O Ágora viaxa no tempo ás orixes do Barrio da Zoca

Este pasado venres inaugurouse no Centro Ágora a exposición «O Barrio da Zoca. Identidade, raíces...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here