InicioBARRIOSANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A vida familiar que hai dentro dos Centros Educativos de Educación Infantil e Primaria (CEIP) é un mundo bastante agochado. Pouca xente, ata que o vive en primeira persoa, coñece o funcionamento, e o incansable traballo das Asociacións de Nais e Pais nos colexios públicos.
E moitas veces, no canto de agradecer este esforzo voluntario por mellorar a calidade da ensinanza dos nenos e nenas, a ignorancia provoca que algunhas familias o único que fagan é criticar, no canto de agradecer ou animarse a colaborar.

Co afán de poñer en valor este traballo colaborativo que protagonizan centos de familias de toda a cidade, que fan que as comunidades escolares sexan un dos alicerces da nosa sociedade, continuamos con esta serie de entrevistas con varias das ANPAS. Entrevistas nas que afondamos sobre as carencias, a falta de apoio institucional, e a asunción de responsabilidades que administracións como a Xunta delegaron nas familias.

Porque cómpre lembrar, que a día de hoxe, o horario oficial no que os centro de ensino asumen a custodia, e educación, das crianzas, é de 9:00h a 14:00. 5 horas que para nada reflicten os ritmos da sociedade actual, e que non respectan unha conciliación adecuada. Deste xeito, de non ser polas ANPAS, nas que recae o peso da organización de servizos tan necesarios como o de madrugadores, o comedor ou as actividades extraescolares, e que permiten ampliar o horario “escolar” entre as 8:00h e as 18:00h, sería imposible facer unha xornada laboral completa para calquera traballador/a.

Xa visitamos o barrio de Monelos, para falar coas familias do CEIP Salgado Torres; e máis en Monte Alto para coas do CEIP Torre de Hércules, e hoxe achegámonoss ao Barrio das Flores para falar coa ANPA RASA do CEIP Ramón de la Sagra, para falar coa súa secretaria Nuria Bernárdez, xurista de profesión.

 

  • Pensades que vos corresponden ás competencias de organización de comedor e actividades extraescolares?

Non. Asumímolas, claro, polo ben da comunidade, e porque cremos no traballo comunitario, no cooperativsimo, no traballo social, como todos os que nos metemos aquí. Pero creo que todos os compañeiros comparten que isto non tiña que ser unha competencia das familias en absoluto.
strong>Non pode ser que un cole sexa de xestión pública de 9:00 a 14:00 e a partir de aí dependa das familias. Se centro público queda privatizado durante media xornada, en que nos diferenciamos dun centro concertado?.

Ademais da deixadez de funcións da Xunta, hai moitas cousas. Se nós somos contratadores, temos que cumplir moitas leis que pola nosa capacidade, e voluntariedade é moi difícil cumplir. Agora, por exmeplo, a empresa de comedor nos pide os contratos de avaliación de riscos, plan de prevención, formacion de traballadores… 

Son Xurista e me parece que no plano legal me parece tremendo. Pero tamén no ético. Como pode ser que nun servizo público teñamos que xestionar un sistema de comedor cunha empresa privada, que o que busca é o beneficio… Habería que mirar cousas como o convenio colectivo dos traballadores…

Paréceme unha Privatización encuberta. De 8:00h a 18.00h que están abertos os coles, só a metade das horas están xestionadas publicamente. O resto, madrugadores, comedor e extraescolares, por unha empresa privada… E se eu opto por un centro público non quero que os nenos dependan da empresa privada.
O único que non privatizas é o sistema educativo, e a ver… Sen ir máis, atopamos por mandato da Xunta, traballadores público ás ordes dunha emrpesa privada, como o caso dos Coidadores, que dependen da Consellería de Benestar, non de Educación, e teñen que ir a madrugadores e comedor, porque as empresas están libres de poñer reforzos. E aí de quen dependen os Coidadores? E se xa cumpliron o seu horario, quen ten que poñer un coidador máis para nenos con necesidades especiais nas extraescolares?

 

  • Como intentades xestionar o comedor?

Nós intentamos que ademais de “calidad”, haia “calidez”. Estamos moi enriba, traballando sempre en positivo, construíndo, intentando que o monitorado se adapte á nosa liña, pero claro, canto cobran estes monitores?? Veste moi marcado por iso.

Miro con envexa os coles do rural que aínda teñen cociñas. Teñen que coidalos, porque en canto se xubilen os coñeceiros acaban con eles… Parece mentira, nun momento no que se está dando tanta importancia ao benestar, á nutrición… que a Xunta faga o contrario, apostar polos catering no canto da comida máis caseira.

Nós, agora, cun proxecto do cole que apoiamos para transformar o patio nun espazo máis verde, estamos intentando concienciaar ao Concello da Coruña para mellorar o comedor, porque é unha aula, cheira mal… Estamos intentando crear unha cociña tamén, e mesmo ofrecer o servizo a outros coles do barrio, para facer unha función pública eficiente e eficaz dos servizos públicos.

 

  • E as extraescolares? Esa dualidade de apostar polas actividades “públicas” que ofrece a Federación de ANPAS ou as máis traballadas que ofrecen an empresas privadas?

Formulamos as actividades extraescolares para que cubran as necesidades da xente, e preferimos tirar da oferta pública, coa Federación de ANPAS, porque queremos asegurar que toda a xente poida conciliar. Pero porque a día de hoxe somos moita xente, 10 persoas implicadas con bastante disponibilidade, e podemos estar enriba .Pero se só sodes 4 persoas na ANPA, entendemos que tires de empresa privada que che fai absolutamente todo…
Si ofrecemos un par de privadas, unha de Robótica, e outra de música, neste caso porque coñecemos moito como traballa a empresa, Sonicreques e nos gusta moito. Cristóbal vai por aí como se fose famoso polo cole, engancha moito coas rapaces.

Cremos que na Federación de ANPAS é onde o Concello debería apoiar máis, e dotar de presuposto, e permitir que eses proxectos crezan, para evitar que as empresas privadas tomen ese campo. Deberían, por exemplo, mellorar o convenio dos traballadores para que estean contentos e poidan ofrecer unha mellor formación, non poden cobrar 7 euros/hora.

 

  • Como é a relación da voa ANPA coas administracións?

Depende. Co Concello temos boa relación, e coa Federación de ANPAS, fantástica, a verdade.
Pero dende a Consellería, no ano e medio que levamos, aínda non nos reunimos. O Xefe Territorial parece que é de pouco recibir. Vexo que a relación é inexistente e dende o punto de que derivan todo en nós, non creo que lles interese estar máis preto.

  • E como a melloraríades aí?

Podería haber un coordinador de barrio que poida mediar entre os coles e o Concello e a Inspección, e as comunidades escolares. Que a súa xornada consista en estar aí, polos coles, e que o pagaran as administracións. Todos vemos que hai berros, castigos, ameazas… porque é verdade que é o recurso que nós coñecemos, e esa figura podería axudar moito.
Vexo moi factible a creación dun servizo de atención ás ANPAS.

E sería estupendo que a Concellería e a Consellería se levasen ben… (risas)

 

      • Cales dirías que son os problemas máis fundamentais aos que se enfrenta unha ANPA?

A falta de tempo, dende logo. O tempo que hai que adicarlle é tremendo, dúas xornadas completas á semana.

Tamén a falta de coñecementos en cousas que temos que xestionar. E a falta de apoio, seguramente, malia que nós co apoio da Federación solventamos bastante.
Despois a falta de comunicación coa Consellería, dende logo…

Supoño que en xeral as ANPAS tamén sofren a falta de comprensión doutras familias que non ven o traballo que hai detras, pero no noso caso temos que dicir que cremos que somos moi aprezados e valorados no cole pola comunidade escolar. A xente si que nolo verbaliza.

Para nós son o maior reto é o de ir cambiando culturalmente á comunidade escolar, co tema da Lei de Protección de Datos, ou a privatización de servizos. Se conseguiramos iso, valería a pena todo o traballo.

 

      • Como é esa problemática coa Lei de Protección de Datos?

É unha cousa importante porque ao final pasa moita información por moitas mans, e non todo o mundo sabe xestionala. Estamos intentando que non esteamos no medio con datos que non temos por que saber. Temos tido situacións de ter que informar a unha persoa que accedeu á beca de comedor a berros polo patio. Por que se ten que enteirar todo o mundo desta cousa tan particular desa familia?
Polo de agora, conseguimos que a información que vén das empresas que fan o servizo de madrugadores ou comedor vaia directamente ao centro, e non teña que pasar por nós.
Cada vez nos facemos cargo de máis cousas: Quen ven recoller os nenos. Que pasa cos nenos con necesidades especiais. Eu non debería ter de que sabelo. Xa hai persoal encargadas de sabelo. Moitas veces hai información das familias pululando por aí, e me parece unha cousa terrorífica.

Máis novas

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ÚLTIMAS

O Concello sacará a concurso o contrato para o novo Plan de Equipamentos Deportivos

No marco da folga de conserxes, pero sen facer referencia algunha, o Concello da...

Ollo, cortes en Alfonso Molina na saída cara á AP-9/Palavea este martes

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, que realiza o Ministerio...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here