InicioBARRIOSSábado de magostos e poesía

Sábado de magostos e poesía

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este sábado 11 haberá varias citas de outono pola cidade. As borrascas das pasadas semanas provocaron o adiamento de varias citas, e veremos se esta fin de semana aguantamos e podemos comer unhas castañas quentiñas na Cidade Vella ou nos Mallos. Pendentes estamos do Calloween do Campo da Leña, e mentres engadimos unha cita poética para a xornada sabatina.

Magosto en Azcárraga

Magosto na Cidade Vella

A Praza de Azcárraga acolle dende as 17:00h ata a medianoite, o magosto artellado pola Asociación de Veciños da Cidade Vella.
A xornada comezará con actividades para os máis pequenos, con obradoiros e xogos infantís e tradicionais dende as 17.00 horas ás 19.00 horas. A partir das 19.00 horas comezará a procesión de cabazas, amenizada polo grupo tradicional ‘contiños da feira’ que percorrerá a contorna da praza.
Xa ás 19.30 horas dará comezo o magosto popular onde as familias que se achegen poderán gozar dun menú de balde de castañas asadas, acompañadas de bebida (viño, auga ou refrescos). Entregaranse nunha bolsa de papel xunto cunha taza de barro.
O magosto popular estará amenizado polo grupo Son d’Aquí, que iniciará na praza de Azcárraga unha gran foliada. Será a partires das 20.15 horas, logo do inicio da degustación de castañas. Antes do fin da xornada, que ten como hora de peche as 00.30 horas, realizarase o tradicional ritual da queimada coa elaboración e posterior degustación polo público da máxica bebida.

Magosto nos Mallos

Magosto nos Mallos

Nas rúas peonís Angel Senra e Ramón Cabanillas desenvolverase o Mallosto do DistritoMallos, que tivo que ser aprazado a semana pasada. A partird as 11:00 haberá actividades, con varios obradoiros para os que compre apuntarse en @distritomallos. Haberá contacontos para crianzas ás 12:00h a carón do Mercado Ramón Cabanillas, un xogo de realidade aumentda, e estará o castañeiro O Castiñeiro.
Ademais, a entidade de comerciantes organiza xogos populares con Totem, e promove o pasaporrte Merca no Barrio, para participar nun sorteo de 100€.

Tamén haberá música, con picadiscos na sesión vermú contorna da praza de San Vicente, antes do concerto de Versionetetes; pola tarde, de 17:00 a 19:30h seisón dj infantil e ás 19:30h concerto de Plan de Fuga.

Varios estabecimentos ademais terán tapas de outono.

 Roteiro 2º de Poeta

O Roteiro 2º de Poeta, guiado por Lucía Aldao, terá lugar o sábado 11 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída o IES Puga Ramón (Rua Leopoldo Alas Clarín, 4).

En palabras de Lucía Aldao: “Hai anos deseñei para os Paseos pola Coruña literaria de AELG a actividade 1º de poeta, e co público asistente paseei polo meu colexio da infancia intentando falar da vocación e dos primeiros achegamentos á literatura. Propóñovos agora asistir a 2º de poeta, un paseo da man da poeta adolescente coas súas lecturas reveladoras, os seus tormentos e a súa teima, aínda intacta, pola poesía.”

As persoas interesadas poden inscribirse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

ÚLTIMAS

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Maxia e humor

Teño un problemiña cos magos e os humoristas. Dende a máis tenra infancia. Póñome...

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Continúa a sociedade herculina presionando para que o Concello cumpla a Lei de Memoria...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here