InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras da Sanidade Privada saen tamén á rúa por un convenio...

As traballadoras da Sanidade Privada saen tamén á rúa por un convenio xusto

Publicada o

Por editor

A berros de “A antigüidade non se toca” se manifestaban esta mañá na Avenida de Oza diante do Hospital San Rafael, medio centenar de traballadoras da Sanidade Privada no marco das súas mobilizacións por un convenio xusto.

As centrais sindicais CIG Saúde, UGT e CCOO, denuncian os atrancos da patronal para a negociación do convenio, que intenta ademais “recortes en dereitos básicos xa conseguidos como o actual plus de antigüidade ou percibir o 100% do salario no caso de baixa”. Sinalan que o soldo actual está por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

Sector feminizado e precarizado

Este é un sector moi feminizado, tal e como ocorre, en xeral, co sector de coidados. Por iso, son maioritariamente as mulleres as máis prexudicadas por este convenio xa que son quen ocupan, na súa maioría, postos de auxiliares, persoal de limpeza, enfermería ou todo o persoal das clínicas dentais, por exemplo.

A consecuencia de manter, convenio tras convenio, estes baixos salarios provoca que a propia patronal do sector teña dificultades non só para atopar, senón mesmo para afianzar profesionais na sanidade privada, chegando a ter incluso que ofrecer acordos fóra de convenio a determinadas categorías nun intento desesperado por reter profesionais.

Máis mobilizacións

Unhas mobilizacións que continuarán o vindeiro venres 17 de novembro cunha manifestación dende a Praza de Pontevedra ata o Obelisco.

 

ÚLTIMAS

Lucía Veiga e Luz Casal, primeiras protagonistas das Festas de María Pita

Conta atrás para o verán, e para as Festas de María Pita. O 1...

CCOO mobiliza o sector bancario este mércores polo clima laboral con protestas na Coruña e outras sete cidades

O malestar laboral nas oficinas bancarias trasládase ás rúas. O sindicato CC.OO. decidiu convocar...

Saen á luz 200 páxinas inéditas das memorias de Syra Alonso, cronista excepcional da represión franquista

Un rescate histórico de enorme envergadura para a literatura e a memoria democrática de...

O PP denuncia que Inés Rei deixou sen executar máis de 105 millóns de euros nos barrios da Coruña

Nova fronte de crítica política na Coruña contra a xestión económica do executivo socialista....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here