InicioBARRIOSA Parva acolle unha exposición amosando a parte que non se ve...

A Parva acolle unha exposición amosando a parte que non se ve do Mercado de San Agustín

Publicada o

Por editor

Inaugurou esta fin de semana A Parva, a cantina do mercado de San Agustín, a súa nova exposición ‘As praceiras fan a praza’’. Unha expo enmarcada no festival de fotografía FFoco. A fotógrafa experimental Tania Vila documenta o espertar do recinto, a súa actividade e o seu peche e valoriza as súas protagonistas, maioritariamente mulleres, que alí traballan.
Tania Vila (Albeiros, Lugo) é filóloga e tradutora de alemán e participou en distintas publicaciones con fotos analóxicas e collages.

O proxecto, impulsado por Alba Barbadillo e Ángela F. Casal, socias cooperativistas da Parva, busca “mostrar o que a clientela non ve normalmente, o labor que fai posible a venda do produto máis fresco e sustentable a diario no mercado máis céntrico e valioso arquitectonicamente da cidade”.

AsPraceirasFanaPraza_AParva
As fotografías do mercado foron tomadas de xeito manual cunha cámara analóxica de hai 50 anos, unha Pentax ME Super.

A mostra poderá visitarse na terraza interior que o posto ten no mercado de luns a sábado en horario de mañá.

FFoco

No mesmo lugar celebrouse hoxe o aperitivo que ofrece o propio festival. Nado en 2017, FFoco consolidouse como o escaparate imprescindible para amosar e coñecer o estado actual da fotografía documental en Galicia, sendo o único festival destas características na comunidade. Nesta edición, a relación entre lugares e identidades, as lindes entendidas como as liñas reais ou imaxinarias e os límites da propia fotografía son os eixos temáticos do festival.

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here