InicioA CORUÑACompletadas as obras do barrio de Xuxán na Coruña mentres se avanza...

Completadas as obras do barrio de Xuxán na Coruña mentres se avanza nas conexións con Matogrande

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña ultima a finalización das obras no barrio de Xuxán, á vez que avanza nas conexións con Matogrande, segundo expuxo a alcaldesa, Inés Rey, na visita á zona.

Os traballos están centrados acutalmente na construción do paso en ‘O’ coa rúa Juan Díaz Porlier e o falso túnel sobre a liña ferroviaria.

Para as próximas semanas, inclúese a ampliación do ramal de subida da AC-10 a Eirís, así como o pavimentado do novo aparcadoiro público próximo a Sebastián Martínez Risco, con 28 prazas.

A alcaldesa remarcou que estas obras de urbanización execútanse desde 2022 e que a praza central está “practicamente lista”. “Para Nadal estará aberto”, avanzou.

ÚLTIMAS

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

O Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e cultural Manolo Caamaño

O colectivo A Rigueira, do que formaba parte, organiza unha homenaxe a Manolo Caamaño...

A Coruña “énchese de pianos”

Chega hoxe, venres 12, á cidade a iniciativa “A túa cidade énchese de pianos”....

A Coruña: a cidade onde o diñeiro non dorme (porque xa non existe)

Que sorte temos os coruñeses. Mentres outras cidades perden o tempo xestionando orzamentos, mantendo...