InicioMOV. SOCIAISAs mulleres autoorganízanse para saír á rúa polo #25N

As mulleres autoorganízanse para saír á rúa polo #25N

Publicada o

Por editor

Convocadas a través da Marcha Mundial das Mulleres, milleiros de persoas volverán saír á rúa este sábado 25 de novembro co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Baixo o lema “Organicémonos contra as violencias machistas” haberá unha vintena de cidades e vilas galegas que saían a defender a necesidade da “autoorganizacón das mulleres, a autoorganización da loita feminista para combater este sistema que nos condena”.

A cita na Coruña será o sábado 25 ás 19:00h no Obelisco. Na contorna, tamén hai concentracións en Betanzos (18:30h no Palco da Música) ou Pontedeume (12h na Praza do Concello).

 

Manifesto 25N da @MMMGaliza

O 25 de novembro lembramos as irmás Mirabal, vítimas do feminicidio e da ditadura. As tres, Patria, Minerva e María Teresa foron encarceradas, violadas e asasinadas por mandato do ditador Trujillo en 1960 na República Dominicana. En nome da memoria colectiva, este día marca as loitas polo fin das violencias contra as mulleres.

Como cada ano facemos nosa esta data efacémolo combativas, firmes e convencidas de seguir loitando, dia tras dia, até erradicar calquera tipo de violencia machista. Cada dia que pase, berraremos máis forte contra o sistema capitalista epatriarcal econtra as súas brutais expresións.

Cada berro, cada comentario machista, cada opinión non solicitada, cada mirada, a fenda salarial, a desigualdade económica, cada agresión… son a base que suxeita e perpetúa este sistema de violencias sobre as nosas vidas. Violencias que non sofren só unhas poucas mulleres, violencias que sufrimos todas en cada ámbito das nosas vidas. Durante todas asnosas vidas.

O sistema ensínanos, desde pequenas, o noso rol na sociedade: sermos obxectos de desexo, escravas das tarefas do fogar, as que cobran menos polo mesmotraballo, as que asumimos a carga mental, as que asumimos todos os coidados, as violadas, as asasinadas. Somos as que sostemos omundo sen termos dereito a vivir nel.

Estamos organizando a resistencia contra un sistema que ten todas as ferramentas e capital do seu lado para asoballarnos, para someternos dentro del. Un sistema que crea e destrúe engrenaxes que afogan máis e máis as nosas vidas. Enon podemos agardar nada de quen serve aos intereses do sistema.

Non podemos esperar nada do papel da Xunta de Galiza de Rueda, que hai un ano sacaba a tan sonada campaña “non debería pasar pero pasa”, non imos esperar nada dun Partido Popular que se alía e aliña coa ultradereita fascista, que goberna contra as nosas vidas, que xoga coa saúde das mulleres, que perpetúa desde o goberno o machismo máis rancio. Tamén non imos esperar nada da xustiza nin das súas leismachistas, que poñen en dúbida as agresións que sufrimos. Non imos consentir máis retrocesos nin máis machismo nas nosas vidas.

E non imos agardar máis, porque se nos vai a vida, porque estamos FARTAS de que nos maten ante a indiferenza absoluta do sistema, fartas de traballar por menos salario, fartas de non poder expresar a nosa sexualidade como nos peta, de non poder volver a casa soas, fartas de ter medo. E hoxe decidimos que xa non temos medo, que pasamos á autoorganización feminista, á autodefensa.

Organizámonos e loitamos, como fan as compañeiras da limpeza por un convenio digno, como fan a s do Servizo d e Atención ao Fogar, como fan a s profesoras de educación infantil. Combatemos o sistema como fan as compañeiras das conserveiras, organizámonos como as compañeiras do SERGAS para paralizar o desmantelamento da atención primaria. Erquémonos como as irmás palestinas contra que nos quere submisas e pasivas. Artellamos resistencias feministas, comprometidas coa transformación do mundo para quetodas sexamos libres.

E atoparémonos todas sempre nas rúas, sabendo que calquera mudanza ten que ser de abaixo cara arriba, e que erradicación da violencia machista pasa, necesariamente, pola autoorganización do movemento feminista, o empoderamento colectivo e a autodefensa das mulleres, e pola aposta firme do feminismo en calquera ámbito das nosas vidas.

Querémonos libres, vivas, organizadas ecombativas!

ÚLTIMAS

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here