InicioECONOMÍADenuncian que Estrella Galicia non "atende" nin "escoita" aos seus traballadores

Denuncian que Estrella Galicia non “atende” nin “escoita” aos seus traballadores

Publicada o

Por editor

Os traballadores de Hijos de Rivera, propietaria da cervexeira Estrella Galicia, mobilizaranse o próximo 12 de decembro para reivindicar o seu dereito a conciliación laboral e familiar fronte ao Museo Estrela Galicia-MEGA.

A concentración, convocada pola sección sindical da CIG iniciarase ás 13,00 horas cunha concentración fronte ao museo e continuará cunha manifestación polo Polígono de Agrela. Nun comunicado, explican que con esta concentración buscan que a empresa “escoite” os seus problemas e necesidades e “deixe de tomar decisións unilaterais que só buscan aumentar a produción para cumprir obxectivos á conta dos seus dereitos e costas”.

As principais demandas viran ao redor das dificultades coas que se atopan os traballadores para conciliar a súa vida laboral e familiar, “xa que é a empresa a que fixa o calendario anual de vacacións de cada persoa, modifica os horarios laborais ao seu antollo e sen negociar; non elabora un calendario anual de traballo nas distintas seccións que lle permita organizar a súa vida; e hai problemas para cumprir cos descansos semanais”.

Critican tamén que a empresa poida recorrer a un sistema de preavisos obrigatorios para ordenar acudir a traballar mesmo en festivos e cunha escasa marxe de aviso. Así mesmo, denuncian que levan desde o 30 de xuño demandando que Hijos de Rivera “escoite e atenda” os problemas do persoal, pero a empresa, aseguran, “nin escoita, nin ten vontade de solucionar nada”.

“Teñen formulado o seu sistema de traballo agarrándose a un convenio que lle permite todo e mostrando unha enorme desconsideración cara aos seus traballadores, aos que en ningún caso ten en conta”, censuran, o que cualifican dunha “actitude abusiva” co cadro de persoal que “choca frontalmente” coa imaxe de “modernidade, de gran familia e de compromiso social” que proxectan.

ÚLTIMAS

O comité de Jevaso convoca unha concentración para esixir o pago dos atrasos salariais e a actualización das nóminas

O comité de empresa de Jevaso anunciou a convocatoria dunha primeira concentración de protesta...

Tiruleque rende homenaxe á Repichoca no seu novo disco e no concerto no Colón

Tiruleque saca á venda o que será o seu quinto disco de estudio. Tras...

A Garda Civil desartella unha rede con ramificacións na Coruña dedicada á venda ilegal de medicamentos por Internet

A Garda Civil detivo 22 persoas no marco da operación ‘Grecofar’, un dispositivo que...

A Xunta cifra en máis de 5.000 as vivendas planificadas na Coruña para 2028

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, cifrou en máis...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here