InicioBARRIOSElviña acollerá o Centro de Orientación, emprendemento e innovación (COE) da Xunta

Elviña acollerá o Centro de Orientación, emprendemento e innovación (COE) da Xunta

Publicada o

Por editor

O barrio de Elviña, exactamente un baixo da Rúa Rafael Alberti, acollerá o novo Centro de orientación, emprendemento e innovación (COE) da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A Xunta aproveitou para lanzar a mensaxe a través dos medios ao Concello, solicitando que axilice a licenza para iniciar as actuacións neste espazo para que estea ao servizo dos galegos o antes posible.

O centro coruñés dotarase dos espazos necesarios e de persoal cualificado para a orientación, asesoramento e acompañamento das persoas interesadas en desenvolver os seus proxectos a través de fórmulas de economía social ou de microemprendemento. O local conta con 500 metros cadrados e se adaptará á normativa de accesibilidade universal para dar o mellor servizo ás persoas con discapacidade.

Proxecto do COE

A Xunta quere converter as novas dependencias nun “referente do impulso de proxectos innovadores que redunden na xeración de emprego e permita reforzar as políticas activas e de promoción do emprego, así como o acompañamento dos proxectos empresariais”.

A idea é que o COE dea servizo a persoas da Coruña e da súa contorna, pero tamén de toda Galicia, ao se localizar nun lugar próximo ás estacións de autobuses e trens e con acceso fácil á autoestrada.

Entre outras funcións, esta oficina asumirá a coordinación da Rede de polos de emprendemento que a Xunta de Galicia está a despregar pola comunidade e que contará nos próximos meses con 15 centros activos.

A Xunta de Galicia está a reforzar o apoio ao autoemprego e ao emprendemento, con especial atención ás zonas rurais, co obxectivo de dinamizar as contornas e axudar ao nacemento de iniciativas innovadoras vencelladas coas economías locais.

Os orzamentos da Consellería prevén un investimento de máis de 2 millóns de euros en 2024 para a posta en marcha do Centro de orientación que se financiará con cargo a fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR).

ÚLTIMAS

O Festival Noroeste presenta a súa programación por días e espazos

O XXXIX Festival Noroeste Estrela Galicia presentou a súa programación por días e escenarios....

A Coruña estreará o luns as paradas de bus en Obelisco e Copacabana, polas obras en Cantón Pequeno e praza de Mina

A Coruña estreará este luns as novas paradas de transporte urbano no Obelisco e...

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here