InicioA CORUÑAO BNG urxe ao goberno local sacar a nova ordenanza de mobilidade...

O BNG urxe ao goberno local sacar a nova ordenanza de mobilidade e pregunta pola RPT

Publicada o

Por editor

Son varias as cuestións que no vindeiro pleno do xoves 14 de decembro lanzará o BNG da Coruña, sobre temas de mobilidade, turismo e laboral.

Ordenanza de mobilidade

O grupo do BNG urxe ao o Goberno Local a cumprir cos seus propios prazos e leve ao Pleno de vez unha nova Ordenanza de Mobilidade. ”Non valen máis demoras porque as tarefas pendentes na materia son de envergadura”, sinalan, poñendo como exemplos “a conclusión en 2024 da concesión do servizo de transporte urbano, o remate do contrato da ORA e do guindastre, ou a última fase de implantación das estacións de BibiCoruña”.

Por aí irá unha das mocións que o grupo pedirá no pleno, lembrando que a propia rexedora aseguraba nunha reunión da Mesa da Mobilidade realizada en 2022, “que a nova ordenanza estaría redactada ese mesmo ano, mais estamos en 2024 e dela non se sabe nada”.

Dende o BNG piden que se valore o maior uso da bicicleta ou dos patinetes, así como do transporte público, e esixen tamén “unha campaña de difusión dos contidos da nova ordenanza a través do envío de dípticos informativos aos domicilios e a través das redes sociais”.

Relación de postos de traballo

No mesmo pleno do xoves tamén lanzará unha pregunta o concelleiro nacionalista David Soto sobre as críticas formuladas pola representación das traballadoras/es municipais ao proceso de elaboración dunha nova RPT (Relación de Postos de Traballo). “Considera o Goberno Local que a súa política en materia de persoal é axeitada?”, lanzará Soto en clave de fiscalización en materia laboral.

Soto lembrará críticas vertidas como a “falta de transparencia” ou o “o abuso da figura das comisións de servizo -asunto que levou a un xulgado a abrir dilixencias-“.

ÚLTIMAS

O BNG abre a porta a unha moción de censura en Cambre contra o goberno do PP

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambre, Dani Carballada, asegurou...

A Xunta licita por 51,5 millóns 264 vivendas públicas en Xuxán e reclama ao Estado “axilidade” co Plan de Vivenda

A Xunta de Galicia vén de licitar por 51,5 millóns de euros a redacción...

A Rolda da Pasaxe cortarase integramente ao corte de tráfico do 30 de marzo ao 1 de abril polos accesos ao ‘Novo Chuac’

O plan de mellora de accesos ao complexo hospitalario da Coruña (Chuac) obrigará ao...

Un sábado diferente no Centro Oceanográfico da Coruña

Cita esta fin de semana arredor do Centro Oceanográfico A Coruña. O espazo, situado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here