InicioA CORUÑAA Deputación da Coruña lanza unha campaña en redes sociais que une...

A Deputación da Coruña lanza unha campaña en redes sociais que une lingua galega e ciencia

Publicada o

Por europapress

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña lanzou este xoves a segunda edición de ‘#AsPalabrasdaCiencia’. Esta campaña, que se difundirá a través de Internet durante este mes de novembro, ten como obxectivo mostrar o compromiso da institución provincial co mundo científico e a importancia de dinamizar a lingua galega nesta área de referencia social.

Segundo explica este organismo nun comunicado, o proxecto serve para “abrir unha pequena xanela” ao labor das persoas que traballan ao longo de todo o ano en múltiples disciplinas científicas en lingua galega “porque en galego tamén se constrúe ciencia”.

A campaña distribuirá nas redes sociais da Deputación contidos que asocian os valores da ciencia co uso do idioma galego e ofrecerá información sobre centros de referencia na investigación e divulgación e sobre fitos históricos da ciencia. Tamén incluirán proxectos que se desenvolven na provincia da Coruña co apoio da esta institución.

Os internautas serán os protagonistas e o motor principal desta iniciativa, convidándoos a difundir contidos que xeren ao longo do mes para que cheguen ao maior número de usuarios posible. Entre todas as persoas que colaboren sortearanse un telescopio e tres lotes de libros de ciencia en galego.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...