InicioBARRIOSActuais traballadores do CD Castrillón expoñen a súa incredulidade

Actuais traballadores do CD Castrillón expoñen a súa incredulidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Estrana situación a que viven estas semanas os 15 traballadores e traballadoras do Centro Deportivo O Castrillón. Non paran de saír na prensa pero non entenden as causas, porque consideran a súa situación laboral máis normal, a pesar de que o contrato coa concesionaria Viraxes leva case un ano en precario pola non renovación da súa adxudicación.

Aló por agosto o sindicato FAC-USO Galicia enviaba unha nota denuncia “coaccións” aos traballadores por parte da empresa concesionaria. Daquela, os traballadores e o xerente da empresa e director do centro, Andrés Eirís, non quixeron darlle máis “pábulo” e o deixaron pasar.

Pero esta semana si que quixeron poñerse en contacto cos medios de comunicación para intentar explicar a súa posición, despois de ver como unha suposta “representación dos traballadores do CD Castrillón” explicaba os supostos “incumprimentos” no pleno municipal.

Tamén o PP (esta mañá dúas traballadoras reuniranse co voceiro popular Miguel Lorenzo) e o BNG denunciaba o que considera “unha situación laboral que lesiona os dereitos fundamentais do seu cadro de persoal” despois de manter unha reunión cos “traballadores no Centro Cívico do Castrillón”.

“Que traballadores?” pregúntanse atónitos os actuais traballadores da empresa que nunha xuntanza interna non entenden quen os está representando. “Se son ex traballadores que o especifiquen, e se si son actuais traballadores afialiados, pois que falen por eles, que non falen en boca de todos os traballadores da empresa”.

Por un lado unha das traballadoras considera que os supostos “incumprimentos” que denunciaron FAC-USO, como PP como BNG con “mentiras”, sinalando que todos os monitos teñen as titulación necesarias, que non hai dualidade de funcións, que non teñen que facer mantemento, que teñen horarios de máximo 9 horas cos tempos de descanso estipulados, ou que todos os traballadores están no marco do convenio de instalacións deportivas agás unha monitora de ioga que é autónoma. Outro exemplo, “os traballadores nunca fumos coaccionados, fomos nós os que decidimos firmar un documento”.

Pola outra, dende FAC-USO ratifican as denuncias, e considera o asunto moi grave, e ameaza sinalando “que non pase nada porque de ser así nos veremos nun xulgado”.

En calquera caso, no pasado pleno, Lage Tuñas avanzou que en 2024 o Concello licitará conxuntamente a xestión dos complexos deportivos do Castrillón e San Diego, unha medida que permitiría deixar de traballar en precario.

Máis novas

FAC-USO denuncia a falta de transparencia do goberno local polos incumprimentos do Castrillón

Esixen que o goberno local tutele o funcionamento do Centro Deportivo do Castrillón

ÚLTIMAS

Investigan a pelexa multitudinaria entre mozos no parque de Santa Margarita

Polo menos un menor de idade resultou ferido na tarde deste martes nunha pelexa multitudinaria...

Veciños do barrio coruñés de Eirís alegan contra o proxecto de Monte Mero pola derriba de 38 vivendas

O proxecto urbanístico da Xunta en Monte Mero --situado entre os barrios de Xuxán e Pedralonga--...

Malestar na UDC porque o Sergas adscribirá á USC a docencia de Medicina en todos os hospitais galegos

A Universidade da Coruña (UDC) manifestou este martes o seu malestar por que o Servizo Galego de...

Falece Julio Sacristán, o “eterno alcalde” de Culleredo

O que foi alcalde de Culleredo durante máis de tres décadas (entre 1983 e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here