InicioBARRIOSAsí será a Cabalgata de Reis da Coruña

Así será a Cabalgata de Reis da Coruña

Publicada o

Por editor

Xa está preparada a esperada Cabalgata de Reis 2024 da Coruña. Unha Cabalgata que terá 14 carrozas, 5 trens e 17 compañías artísticas e de animación no seu percorrido.
Das 14 carrozas que participarán no percorrido, oito serán municipais e cinco procedentes de patrocinadores que un ano máis volven sumarse a esta cita tan especial para os nenos e nenas da Coruña. Sumaranse a elas a carroza dos bombeiros da Coruña, a máis esperada polo público infantil e que pechará a comitiva repartindo caramelos.

Partirá do Barrio das Flores, concretamente ás 18:00h, aínda que xa se sabe que sempre vai con retraso. A saída será da Rolda Camilo José Cela, fronte ao CEIP Ramón de la Sagra, e chegará “aproximadamente” ás 20.30 h na praza de María Pita.

Percorrido

De Camilo Jose Cela collerá a avenida de Monelos seguindo o percorrido por Alcalde Pérez Ardá ata a travesía de Fernández Latorre. Continuará ata Catro Camiños e A Palloza chegando á praza de Ourense por Linares Rivas. Este será o primeiro tramo do percorrido que ten unha duración prevista de hora e media, chegando á praza de Ourense arredor das 19.30 h.

Despois continuará polos Cantóns e a avenida da Mariña ata Porta Real, rematando a cabeza da cabalgata aproximadamente ás 20.30 h na praza de María Pita.

A continuación, aproximadamente ás 21.15, os Reis Magos saudarán desde o Palacio Municipal a todos os nenos e nenas presentes na praza.

Accesibilidade

Haberá catro puntos accesibles e dous puntos sen ruído co obxectivo de que todos os coruñeses e coruñesas poidan gozar do Nadal en igualdade:

  • Os dous puntos sen ruído estarán instalados no cruzamento da rolda de Outeiro e Alcalde Pérez Ardá, e no Teatro Colón, no interior do equipamento.
  • Os catro puntos accesibles estarán localizados na rúa alcalde Pérez Ardá, fronte á estación de autobuses, na praza de Ourense na zona do Quiosco; fronte á parada do autobús no número 21 da Mariña, fronte á subdelegación do Goberno e, finalmente, na praza de María Pita, na zona lateral próxima á rúa Troncoso.

Sorteo de figurantes na Cabalgata de Reis
O Concello da Coruña abrirá o vindeiro luns, 18 de decembro, o prazo para inscribirse como figurante da Cabalgata de Reis, dirixido a menores de idade que a 1 de xaneiro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos. O período de solicitude comezará o luns 18 ás 09.00 horas e finalizará o mércores 20 ás 14.00 horas.
As prazas máximas ofertadas nesta convocatoria serán 235. As persoas interesadas e os seus titores legais poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario que se habilitará na páxina web municipal www.coruna.gal. O 22 de decembro publicarase a listaxe provisional de persoas solicitantes e abrirase un período de alegacións ata o 26 de decembro. O 28 de decembro publicarase a listaxe definitiva de solicitudes.

Máis actividades de Nadal

A Federación de ANPA, coa colaboración do Concello da Coruña, oferta “A Coruña tardes”, un programa de conciliación con actividades para despedir o curso antes de Nadal. Os alumnos e alumnas dos colexios públicos da cidade poderán gozar de actividades culturais, deportivas e en inglés para pechar o curso antes das vacacións de Nadal.

Podedes acceder aquí ao Programa de conciliación

ÚLTIMAS

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, absolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Alas Coruña celebra que o veredicto do xurado popular polo asasinato de Samuel recolla a “motivación homófoba”

A asociación LGTBI+ Alas Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso do...

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here