InicioDEPORTESO Basquet Coruña métese na súa primeira final da Copa Princesa

O Basquet Coruña métese na súa primeira final da Copa Princesa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fai historia este Leyma Basquet Coruña. O cadro laranxa acaba a primeira volta nunha tremenda segunda praza da LEB Oro, que lle dá acceso, por primeira na súa historia, á participar na final da Copa Princesa. O equipo vencía noutra fermosa noite de venres no Forno de Riazor ao Melilla e aproveitou a derrota do San Pablo Burgos contra o Real Betis.

A gran final será a última fin de semana deste mes de xaneiro, cando o cadro herculino se enfronte ao Movistar Estudiantes, que remata a primeira volta líder da táboa con só unha vitoria máis que os herculinos (que suman 13 vitorias e 4 derrotas). O choque no alto da LEB Oro, será no WiZink Center de Madrid.

“Vitoria de mérito porque xogamos contra un equipo que fai moi ben as cousas”, recoñecía o adestrador Epifanio ao final do partido. “Non nos volvimos tolos cando eles colleron o seu xogo. Certo que nos puxemos algo nerviosos pero controlámolo ao descanso, e na segunda soubemos encontrar solucións”.

Contentos o que significa acaba a primeira volta con só 4 vitorias e o que implica meterse na Copa Princesa por primeira vez da historia do club, valoraba Epifanio a xesta de meterse na Copa.”Para o club é xogarse un título, é seguir crecendo. Para o vestiario é refrendar o traballo da primeira volta”. “O club acertou facendo o esforzo de renovar moitos xogadores e iso se está notando”, agradeceu.

ÚLTIMAS

PP, Sumar e Podemos Coruña esixen explicacións á crise aberta no Goberno local da Coruña

A dimisión de onte da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas Noemí Díaz, sumada á...

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

Nestes tempos convulsos nos que parece que ser revolucionario é ser de extrema dereita,...

A Xunta adxudica por máis de 321.000 euros a redacción do proxecto da nova fase do CHUAC

A Xunta adxudicou por un importe de 321.395 euros a redacción do proxecto básico...

Piden 29 anos de cárcere para o home que encaixou tres veces o seu coche contra un bar dos Mallos

A Audiencia da Coruña xulgará a partir do próximo martes, día 30, ao home...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here